Logo
GL ES

CinVigo 2023

A primeira edición do "CinVigo. Ciencia na rúa" pechouse o fin de semana do 22 e 23 de abril de 2023 sendo un grande éxito. A porta do Sol encheuse de ciencia nunha fin de semana na que auga non impediu que a rapazada e todas as persoas que por alí pasaron, desfrutaran da ciencia a pe de rúa.

Un evento aberto á cidadanía no que ademais de visitar os 55 proxectos científicos do concurso, o público tivo a oportunidade de participar en retos e obradoiros científicos, asistir a experimentos, espectáculos ¡e vivir a ciencia de cerca!

Qué é CinVigo?

Desde o centro de investigación CINBIO queremos levar a ciencia á rúa e converter o centro de Vigo nun laboratorio novas científicas e científicos, un gran evento que pretende achegar a ciencia a todos os públicos.

CinVigo é un concurso con formato de feira científica, na que alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional presentarán de forma aberta e a pé de rúa os seus proxectos científicos, competindo ademais, por grandes premios.

Un evento aberto á cidadanía xeral, na que ademais de visitar todos os proxectos científicos, terás a oportunidade de participar en retos e obradoiros científicos, asistir a concertos...

E vivir a ciencia de cerca! Atréveste?

Os premiados do concurso de proxectos científicos foron

Early Researchers (1º e 2º ESO)

1

Estudo da viabilidade da repoboación forestal de bosques queimados mediante “Heeliseeding”ou bombas de sementes.

Colegio San José - Josefinas (Ourense)

CONSOLAS DE VIDEOXOGOS XBOX

2

Energy Step & Energy Window

Colegio Montecastelo (Vigo)

3

Eunice Newton

Colegio Labor (Vigo)

Eunice Newton - Colegio Labor (Vigo)

1

Prototipo de coche con pila de hidróxeno.

IES Carlos Casares (Vigo)

PARTICIPACIÓNS EN FERIA CIENTÍFICA

2

Fabricación de un biorreactor para el cultivo de espirulina.

Aulas Técnopole (Ourense)

3

Detectando a natureza

IES Valadares (Vigo)

Teen Researchers (1º e 2ºBach)

1

Investigadores por uns días.

IES A Guía (Vigo)

MATRÍCULAS UNIVERSITARIAS + TABLETS

2

Explorando las ondas cerebrales. Control mediante ondas cerebrales de dispositivos para su uso pedagógico.

Aulas Tecnópole (Ourense)

3

Cold Vibes

Aulas Tecnópole (Ourense)

Premio do público

Energy Step & Energy Window.

Colegio Montecastelo (Vigo)

ESTANCIA EN CINBIO, Centro de investigación en Nanomateriais e Biomedicina

Vídeo CinVigo 2023

imaxes do CinVigo 2023

Aproveitamos de novo para agradecer a todas as persoas que o fixeron posible

  • Aos 27 centros educativos participantes cos proxectos científicos, ao equipo docente e a todo o estudantado

  • Ao noso xurado profesional: Diana Valverde (subdirectora do CINBIO), Ángeles Peña (decana facultade de Química), Miguel Correa (director do CINBIO) e ao noso persoal investigador do #teamCINBIO: Susana Magadán, Moisés Lorenzo, Margarita Vázquez, Krishna Kant, Nuria Estévez, Begoña Puértolas y Lucas V. Besteiro

  • Tamén a María Blanco, #maestraentusiasmada, organizadora dos obradoiros de experimentos para os científicos e científicas máis peques

  • A todo o noso persoal voluntario tanto do #teamCINBIO, como da facultade de Química, de VODEA etc.

  • Grazas tamén por suposto ao Concello de Vigo, colaborador principal do evento sen o cal nada disto sería posible.

  • Aos nosos patros: Consello Social da Universidade de Vigo, Büchi, Jasco, Portomédica, El Corte Inglés, Coca-Cola, Radio Vigo, Frutas Nieves, IberFluid e Celta Ingenieros.

  • Ao centro comercial A Laxe por cedernos a ubicación para os premios

  • A Vermis Lab por amosarnos o seu microscopio e Ciencia Calidade polo seu humor científico

  • Ao noso equipo de organización, foto, vídeo, locución, maxia... E a ti, que te pasaches por alí ou que quedaches con ganas de pasar. Agardamos voltar o ano que vén con máis “Cinvigo: Ciencia na rúa!”.