Contrato Pre-doutoral. Grupo SiDOR. Statistical Inference. deadline 12feb, 14h

O Grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo, infórmase da apertura da convocatoria dun Contrato Pre-doutoral para realizar unha tese de doutoramento nunha das liñas de investigación do grupo: inferencia non paramétrica, regresión semiparamétrica e non paramétrica, análise de supervivencia, teoría de xogos, teoría da decisión, investigación operativa, etc.
Contrato con cargo a proxecto de investigación financiado a través das Axudas 2016 de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia.
Os candidatos interesados deberán enviar un correo electrónico coa documentación solicitada sidor@uvigo.es, indicando no ASUNTO: Praza Pre-doutoral SiDOR.
O prazo de envío de candidaturas remata o 12 de febreiro de 2018, ás 14.00 h.
Ver detalles da convocatoria a través da páxina web de SiDOR.

Emprego Novas