Áreas e liñas de investigación

O proxecto científico do centro organizase en 5 áreas principais e 3 horizontais ou transversais. Na actualidade o centro da soporte a uns 200 investigadores aproximadamente agrupados nas seguintes áreas:

Áreas principais:

  • Cancro:
    • Filoxenómica do cancro e cancro transmisible.
    • Marcadores tumorais/ técnicas de diagnose.
    • Terapia antitumoral.
  • Inmunidade e inflamación:
    • Vacinas preventivas: Tuberculose.
    • Diagnose: anticorpos monoclonais, fagos recombinantes e nanobodies.
    • Desenvolvemento de terapias para enfermidades autoinmunes e inflamatorias mediante o uso de nanoestructuras.
  • Neurociencias:
    • Estudos de receptores neuronais (electrofisioloxía, neurotransmisores).
    • Diagnose; Deseño de nanoestruturas para métodos de diagnose/ desenvolvemento de biosensores.
    • Síntese de fármacos para enfermidades neurodexenerativas.
  • Biosaúde e envellecemento activo:
    • Síntese de antioxidantes e prebióticos. Microbióticos.
    • Termalismo: peloides.
    • Métodos de detección: control alimentario.
    • Síntese de precursores nutricionais.
  • Obesidade e enfermidades metabólicas:
    • Papel do GLP-1.
    • Síntese de fármacos para enfermidades metabólicas.
    • Inmunoterapia con vacinas para diabetes tipo I.

Áreas horizontais ou transversais:

  • Bioestatística.
  • Bioinformática.
  • Innovación: novos métodos en prevención, diagnóstico e terapia.