Entrevista a Florentino Fernández Riverola, IP do Grupo Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING)

“Temos a capacidade de abordar problemas complexos e traballar en equipos onde resulta fundamental a coordinación de profesionais pertencentes a distintos ámbitos de coñecemento”

Florentino Fdez-Riverola é doutor en Enxeñería Informática e membro do Departamento de Informática da Universidade de Vigo, dende onde lidera o Grupo de Investigación en Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING), un grupo multidisciplinar que se focaliza na investigación e desenvolvemento de novas metodoloxías e aplicacións computacionais.

  Ler máis

Entrevista a Jorge Pérez-Juste, IP, e a Gustavo Bodelon, investigador posdoutoral do grupo de Química Coloidal

 

“A calidade e o impacto da nosa produción científica é o noso principal aval como grupo de investigación de elite”

O grupo de Química Coloidal formouse en 1996, ao pouco de que se abrira a Facultade de Química da Universidade de Vigo.

Actualmente integrado no Centro de Investigacións Biomédicas CINBIO, o grupo está formado por 10 investigadores, fundamentalmente químicos e os seus Investigadores Principais son Jorge Pérez-Juste e Isabel Pastoriza. A súa investigación céntrase na síntese, caracterización e as súas aplicacións nas nanopartículas metálicas.

Pola súa parte, Gustavo Bodelón, biólogo molecular e investigador posdoutoral no grupo, aporta un enfoque biolóxico e centra a súa investigación nas partículas coloidais plasmónicas e as súas aplicacións para o diagnóstico e biodetección.

Ler máis

Entrevista con José Antonio Lamas, IP do grupo de Neurociencias do CINBIO

“Somos o único grupo de investigación en toda Galicia que emprega a técnica patch clamp para o estudo de canais iónicos”. 

Doutor en Bioloxía e profesor titular da Universidade de Vigo, José Antonio Lamas comezou no grupo de Neurociencias no ano 1997 na Facultade de Bioloxía da universidade. O pasado ano, o grupo trasladou a súa actividade ás instalacións do CINBIO dende onde leva actualmente a cabo a súa labor investigadora.

Ler máis

Entrevista con José Tubio, IP do grupo Mobile Genomics

“O estudo da mobilidade do xenoma nos procesos oncoxénicos revolucionará o diagnóstico e tratamento futuro do cancro” 

Incorporado á Universidade de Vigo dende 2016, José Tubio é un dos investigadores máis relevantes do CINBIO. Formado en Bioinformática e Bioloxía Molecular, membro do Consorcio Internacional do Cancro e posuidor dunha ERC Starting Grant, lidera o grupo de investigación “Mobile Genomics” dende onde coordina a investigación sobre como determinadas secuencias de ADN ou células tumorais mobilízanse e acaban provocando o desenvolvemento de distintos tipos de cancro. Xunto ao equipo do grupo Filogenomics, liderado por David Posada, forman o grupo de investigación Evogenomics, que conta actualmente cun equipo dunhas 20 persoas, das cales 9 forman parte do equipo de Mobile Genomics. Este equipo é altamente multidisciplinar, atopando bioinformáticos, matemáticos, patólogos… conformando un equipo equilibrado entre a área computacional e a área de bioloxía molecular.

Ler máis

Entrevista con José Luis Legido, IP do Grupo de Física Aplicada 2

O catedrático José Luis Legido é un dos 9 IPs do grupo de Física Aplicada 2 no CINBIO e Presidente da Sociedade Galega de Peloides Termais.  Actualmente está a cargo dunha liña de investigación centrada no seguemento do crecemento bacteriano mediante técnicas microcalorimétricas, analizando os efectos dos farmácos sobre as bacterias. Como resultado desta investigación, publicáronse once artigos científicos, un libro, tres teses xa rematadas e unha patente internacional en colaboración co Complexo Hospitalario de Vigo.

Ler máis