O CINBIO selecciona un posto de técnico de laboratorio e un Doutor especialista en Termalismo.

O Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) é un centro multidisciplinar que traballa no ámbito Biomédico da Universidade de Vigo. Iniciase o proceso de selección de dous postos:

  • CINBIO 14 – Técnico de Laboratorio
  • CINBIO 14 – Doutor especialista en Termalismo.

Data límite de presentación de candidaturas: 7 de xaneiro de 2017. More information.

Os novos modelos de Consentimento Informado (CI) en Galicia

logo_biobancogallego

Os Biobancos galegos en colaboración co CAEI de Galicia levan traballado nos novos modelos de Consentimento Informado (CI) para que se axuste a normativa vixente en Investigación Biomédica. Estes modelos xa foron aprobados polo CAEI de Galiciae son os que se deberían empregar de aquí en diante para os seguintes casos:

  • CI Línea de Investigación – Biobanco: Modelo de CI para a creación dunha colección para o desenvolvemento dunha líiña de investigación con depósito final no Biobanco.
  • CI Proyecto de Investigación – Biobanco: Modelo de CI para un proxecto de investigación con depósito final das mostras no Biobanco.
  • CI Proyecto de Investigación – Líña de Investigación e Biobanco: Modelo de CI para un proxecto de investigación con depósito final das mostras nunha líña de investigación e no Biobanco.

Estes tres novos modelos sumase ao anteriormente aprobado polo CAEI de Galicia:

  • CI Biobanco: Modelos de CI para recoller mostras para incluir no Biobanco do CHUVI (excedentes de probas diagnósticas e/ou terapéuticas que se realicen ós pacientes na XXI de Vigo). Versión actualizada a Marzo 2015.

Dos catro tipos de documentos hai un modelo para adultos e tamén un modelo para menores de idade (de 12 a 18 años), xa que éstos teñen que dar o seu consentimento, ademáis dos seus pais/titores. Todos os documentos dispoñen da sua versión en Galego.

Os modelos aprobados están disponibles e podesen descargar da páxina web do Biobanco, no enlace:

http://www.biobancochuvi.info/profesionales/consentimientos-informados/

Para a formulación de cuestión pódese poñer en contacto coa responsable técnico do Biobanco:

Vanesa Val Varela

Biobanco do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Servicio de Anatomía Patolóxica – Hospital Xeral

Tel: 986 824 508 (Ext: 216 508) – vanesa.val.varela@sergas.es  

1 9 10 11