Divulgando Ciencia Singular

CS-banner

Ven ás Xornadas de portas abertas do Cinbio

26 outobro Vigo  /  27 outubro Ourense

Así que poidas coñecernos ben, os actos  desenrolados polo Cinbio son os seguintes:

  • Vigo. Venres 19 de outubro, de 16 a 20 horas. Carpa informativa na rúa Príncipe, preto do MARCO.
  • Ourense. Sábado 20 de outubro, de 10.30 a 13.30 horas. Carpa informativa, a mitade do Paseo de Ourense.
  • Vigo. Venres 26 de outubro, de 16.30 a 20.00 horas. Actividades no Cinbio (Centro de Investigacións Biomédicas), situado no campus da Universidade de Vigo, preto da Facultade de Bioloxía.
  • Ourense. Sábado 27 de outubro, 10.30 a 13.00 horas. Actividades no Edificio Politécnico del campus de Ourense (Avenidas Otero Pedrayo con Alfonso Rguez. Castelao).

 As actividades son de balde, e haberá agasallos.

A inscrición está pechada, pero podes deixar os teus datos para informarte sobre outros eventos!

ou ben, envíanos un correo electrónico a cinbio@uvigo.es, co teu nome, teléfono, e a idade.

O programa da xornada en Vigo o venres 26 outubro, (3 grupos de 15 a 20 persoas, que rotarán polas tres actividades), será:
  • 16.30-16.45 h. Benvida da directora do Cinbio, África González, no salón de actos da Facultade de Bioloxía, e logo continúase no edificio de Cinbio.
  • 17.00-17.45 h. Actividades rotación 1.
  • 17.45-18.30 h. Taller e merenda saudable.
  • 18.30-19.15 h. Actividades rotación 2.
  • 19.15-20.00 h. Actividades rotación 3.

As actividades serán as seguintes:

  • Taller en laboratorio ‘As túas células e os seus xenes’, relacionado con a secuenciación dos xenes..
  • Taller en laboratorio sobre ‘Preparación de nanopartículas de ouro’, e as súas propiedades.
  • Charlas: ‘Arquitectos moleculares’, relacionada coa síntese de fármacos; máis ‘Medicina e saúde: os datos contan’, relacionada coa apnea do sono, en colaboración co Sergas.

Consulta aquí os horarios das liñas de autobuses para chegar ao campus universitario de Vigo:

O programa da xornada en Ourense o sábado 27 outubro, (2 grupos de 25-30 persoas), será:
  • 10.30-10.45 h. Benvida do vice-director do Cinbio, Florentino Fernández Riverola, no salón de graos do Edificio Politécnico.
  • 10.45-11.30 h. Actividades rotación 1.
  • 11.30-12.15 h. Taller e almorzo saudable.
  • 12.15-13.00 h. Actividades rotación 2.

As actividades serán as seguintes:

  • Biomoléculas activas no teu día a día’, relacionado con os prebióticos e antioxidantes, no eido da Enxeñaría Química, de Ourense.
  • Charla ‘Intelixencia Artificial no ámbito sanitario’, a cargo do grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración, SING, de Ourense.

      Inteligencia Artificial-charla-IMG-20181027-WA0005 Prebioticos-gente-IMG-20181027-WA0003  dav

 

Vigo-taller Nanos-niños-Jornadas 26oct Vigo-taller Nanos-Jornadas 26oct Vigo-taller Nanos de oro-niños-Jornadas 26octOrense_IMG-20181020-WA0010 Orense_IMG-20181020-WA0011 Orense-IMG-20181020-WA0009

Vigo_IMG-20181019-WA0013-   Vigo_IMG-20181019-WA0013

Informacións:    CINBIO_LaRegion_29_10_2018