Declaración institucional sobre o uso de animais de experimentación

O Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) adheriuse o Acordo de Transparencia en Experimentación Animal, promovido desde a Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE), coa colaboración da Asociación Europea para a Investigación Animal (EARA) e
lanzado o 20 de septiembre de 2016.
Somos conscientes de que a investigación animal xoga un papel fundamental no coñecemento dos mecanismos biolóxicos que están involucrados nas enfermidades e no desenvolvemento de tratamentos médicos. Sen o uso de animais, non disporíamos da maioría das medicinas, antibióticos, vacinas e técnicas quirúrxicas que se aplican na medicina humana e veterinaria.
Unha parte do traballo científico que se realiza no CINBIO e que contribue a mellora da vida das persoas é gracias a utilización de animais, por exemplo, nos estudos de inmunoloxía, endocrinoloxía o neurofisioloxía.
O bienestar dos animais de experimentación é un tema fundamental para CINBIO, así como o é o estricto respeto e cumprimiento da lexislación vixente sobre protección de animais empregados en experimentación e outros fines científicos, incluindo a docencia. O noso obxectivo é alcanzar os máis altos estándares de bienestar animal, non sólo desde o punto de vista da responsabilidade moral sobre os mesmos, senon tamén porque non se podería acadar ciencia de calidade sen benestar animal.
A experimentación animal realizada desde o centro cumpre cos estándares legais, é revisada polo comité ético de experimentación animal, que promobe o uso de métodos alternativos, a reducción do número de animais empregados, e o refinamento dos procedementos experimentais. Ningún proxecto de investigación que requira o uso de animais pode comenzar sen a preceptiva avaliación ética e a autorización final por parte da autoridade competente.
O CINBIO ocupase de garantir que o personal ó cuidado dos animais e os investigadores  involucrados en experimentación conten coa formación e coñecementos precisos, e se compromete a proporcionar os recursos precisos para o correcto mantemento dos animais de experimentación no que se refire a instalacións, manutención, benestar e atención veterinaria.