Obradoiros Elas fan CienTec 2018. xoves 8 feb. 9:30-13:30

Folleto Obradoiro CienTec1

Conmemorando o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 FEB) temos obradoiros para rapazas de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, o xoves 8 de febreiro no Campus de Vigo, de 9.30 a 13.30 horas
Previamente aos obradoiros realizarase un acto de benvida.

Programa na Universidade de Vigo: Folleto Obradoiro CienTec 8feb2018

Ámbito tecnolóxico, lugar Escola de Enxeñaría de Telecomunicación:

1. Obradoiro de LegoMindstorm
2. Obradoiro de programación Scratch
3. Obradoiro de transmisor láser de audio

lugar Escola de Enxeñería Industrial:

1. Obradoiro de termografía infravermella
2. Obradoiro en deseño e prototipado
3. Obradoiro Proxecto Formula Student
Ámbito científico, lugar: Laboratorios do Edificio de Ciencias Experimentais

1. Química Orgánica I
Magdalena Cid, Olalla Nieto, Marta Castiñeira.
Aproximación á fenómenos cotiás dende unha perspectiva química:
– A cociña como un laboratorio: a química para preparar texturas e sabores.
– Un laboratorio no peto: preparación de «pulseiras» de luz fría.
2. Química Orgánica II
Belén Vaz, Marta Domínguez.
Química para todas as persoas e o seu por qué:
– Química para detectives: tinta invisible, pegadas agochadas.
– Fabricación de polímeros a partir de compostos sinxelos con diferentes propiedades: slime, nailon ou neve artificial.
– Preparación dun reloxo químico ou un quentador máxico.
3. Química Física I
Ana Sousa, Laura Marín, Andrea Mariño, Beatriz Rivas.
– Síntese de nanopartículas en disolución.
– Comprobación das propiedades ópticas e magnéticas.
4. Química Física II
Isabel Pastoriza, Sara Nuñez, Verónica Montes, Mª José Cordero, Alba Vázquez, Sarah de Marci.
– Propiedades dos materiais na escala dos nanometros.
– Preparación de nanopartículas de ouro.
5. Bioloxía I
Diana Valverde, Paloma Morán.
– Illamento de ADN a partir de células sanguíneas.
– Extracción de ADN a partir de mostras de sangue periférico.
– Uso dun kit de extracción para a observación das moléculas de ADN.
6. Bioloxía II
África González, Rosana Simón, Mercedes Peleteiro, Ana Igea, Jezabel Varadé, Elina Garet, Patricia Castro.
– Detección de patoloxías autoinmunitarias: detección do factor reumatoide segundo un kit de aglutinación e detección de anticorpos antinucleares mediante inmunofluorescencia avaliada cun microscopio de fluorescencia.
– Cuantificación de toxinas mariñas mediante o ensaio de inmunoabsorción ligado a enzimas (ELISA).