Política de Calidade. ISO 9001

Iso-9001-2015_Certified-300x300 CertificadoER-0663-2018_ES_2018-11-07 IQNet ER-0663_2018_2018-11-07

Certificado o 7 de novembro de 2018, AENOR ER-0663/2018. Número de rexistro de IQNet: ES-0663/2018.

O Centro de Investigación Biomédica (CINBIO) da Universidade de Vigo é un centro multidisciplinar, considerado Centro de Investigación singular de Galicia (2016-2019). A súa misión céntrase na creación dunha infraestrutura común para os investigadores da área biomédica, ademais de prestar apoio á promoción e desenvolvemento da investigación neste ámbito. CINBIO é consciente da necesidade de garantir a permanente orientación aos usuarios/as e demais grupos de interese. Polo tanto, o Goberno da Universidade de Vigo, a través do vicepresidente para a Investigación e da Dirección de CINBIO, asegura a axeitada implantación, mantemento e mellora dun Sistema de Xestión da Calidade conforme cos requisitos da Norma ISO 9001: 2015 de aplicación a prestación dos servizos de: Bioexperimentación; Citometría de fluxo, Histoloxía, Interaccións moleculares (SPR), Microscopía, Laboratorio NCB-3 (Laboratorio de Nivel de Contención Biolóxica 3) e Bioloxía Molecular.

Establece os seguintes obxectivos xerais:

a) Asegurar o cumprimento dos requisitos legais e outros que resulten de aplicación.

b) Determinar os riscos e oportunidades asociados co contexto no que o centro opera e as necesidades e expectativas dos grupos de interese, así como garantir a toma de accións que resulten pertinentes.

c) Asegurar a orientación ao usuario/a, na planificación e prestación de servizos, así como garantir o seguimento da percepción do usuario/a sobre o desempeño da organización.

d) Definir periódicamente obxectivos de calidade como ferramenta para garantir o compromiso de mellora continua.

e) Asegurar a dispoñibilidade dos recursos necesarios para garantir a adecuada prestación de servizos e a consecución dos obxectivos de calidade.

f) Garantir a comunicación e difusión desta política as persoas CINBIO directamente implicadas no sistema de xestión da calidade, así como asegurar a súa dispoñibilidade para os grupos de interese.