Propósito e Obxectivos do Centro Singular CINBIO

 

En liña coa Estratexia Europea de Saúde e a Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e de Innovación 2013-2020, e no marco do proxecto do CINBIO como Centro Singular de Investigación de Galicia 2016-2019 establecéronse os seguintes obxectivos estratéxicos:

 

  • Desenvolvemento dunha investigación interdisciplinar e de alto impacto, aspirando á obtención de distincións como a do Centro de Excelencia Severo Ochoa ou Unidade de Excelencia María de Maeztu.
  • Incremento da produción de artigos científicos, aumentando o número de artigos e calidade dos mesmos mediante o incremento da media de impacto das revistas nas que se publica.
  • Incremento da masa crítica, estabilización dos grupos e a cualificación dos investigadores/as e técnicos/as.
  • Incremento do número de patentes licenciadas a nivel internacional e incremento dos ingresos mediante contratos con empresas..
  • Mellora da presenza internacional do persoal investigador, incrementando as colaboracións, e posicionamento en postos de toma de decisións no ámbito científico.
  • Incremento da captación de fondos a través de proxectos internacionais, nacionais e de colaboracións con empresas, fundacións e outras entidades.
  • Mellora da representatividade das mulleres nos postos de liderado e nas comisións no centro.
  • Incremento do número de grupos considerados “Grupo de Investigación de Referencia Competitiva” pola Xunta de Galicia.