Histoloxía

Histologia microtomo foto 2-muestra    Histologia microtomo foto-1-muestra   Histologia aparato lupa-1-muestra

A Histoloxía estuda a organización microscópica dos tecidos. No CINBIO dispoñemos dun servizo de histoloxía con persoal técnico cualificado para realizar o procesado de mostras biolóxicas, a súa análise microscópica e a adquisición de imaxes. Ofértanse tamén cursos de formación que posibilitan o uso dos equipos en réxime de autoservizo

 Criostato Leica CM 1950.

Deseñado para seccionar texido conxelado (fresco ou fixado). Permite obter seccións de ata 100 mm de espesor.

– Microtomo de rotación Leica RM2255.

Deseñado para cortar con precisión tecidos incluidos en parafina. Permite obter seccións de entre 0.25-100 mm en modo manual ou automático.

– Vibratomo Leica VT1200S.

Deseñado para cortar tecido fresco ou fixado, incustrado ou non en xelatina ou medios análogos.

– Centro de inclusión con placa fría Leica EG1150 / Leica EG1150 C.

Composto por:

a) módulo dispensador de parafina con superficie de traballo en quente e áreas de almacenamento de cassettes

 b) placa fría que facilita o enfriamento rápido do bloque.

Contacto: Ainhoa Rodríguez Tébar,

  • tecnicomicroscopiacinbio@uvigo.es
  • +34 986 130 148 /+34 986 130 225