Vision-Mision-Valores

(texto en castellanoinglés)CINBIO-Grupos-Logos

En 2016, CINBIO (Centro de Investigación Biomédica) obtivo o recoñecemento do Centro Singular de Galicia e, coa conclusión do novo edificio, financiado con fondos FEDER, algúns dos grupos trasladáronse ao novo centro para desenvolver a súa investigación.

VISION.

Desenvolver un Centro de Investigación multidisciplinar en biomedicina, na rexión Galicia Sur, de referencia no entorno e con prestixio internacional;

  • para conseguir fondos e facer realidade o desenvolvemento dun centro de investigación biomédica de calidade;
  • para espertar a inquietude de mozos investigadores e atraer o talento de investigadores consolidados, que aseguren o presente e o futuro da investigación dos nosos grupos;
  • para multiplicar o retorno á sociedade, en forma de profesionais, de coñecemento científico e da súa transferencia, en forma de patentes ou de creación de empresas.

MISIÓN

Crear e transferir coñecemento e innovación no campo biomédico, de xeito colaborativo e multidisciplinar.
OBXECTIVOS XERAIS

En consonancia coas Estratexias Europea, Nacional e Autonómica de Saúde, a misión de CINBIO é:

  1. Reforzar a capacidade de investigación dos grupos e o seu posicionamento internacional.
  2. Potenciar as liñas de investigación aliñadas coas estratexias do RIS3 de Galicia e europeas (Horizon 2020, Horizon Europe).
  3. Levar a cabo unha investigación de calidade, tanto básica como aplicada, para contribuír ao coñecemento das patoloxías, os seus diagnósticos e terapias; en liñas estratéxicas de gran incidencia como Cancro, Inmunidade, Neurociencias, Envellecemento, e Enfermidades Metabólicas.
  4. Desenvolver infraestruturas e programas de investigación conxuntos coas Universidades, Hospitais e a Industria biomédica, co fin de crear unha contorna de excelencia en ciencia e tecnoloxía, con visibilidade internacional.
  5. Incrementar a colaboración con centros nacionais e internacionais, que expandan o noso horizonte, e complementen o coñecemento dos nosos investigadores.
  6. Favorecer a formación de investigadores, participando en programas docentes, para incrementar o número e cualificación de investigadores e técnicos no ámbito da Biomedicina.
  7. Promover a explotación dos resultados da investigación e a transferencia de coñecementos, a través de a) contratos de investigación e colaboración; b) patentes e licenzas; c) crear unha nova empresa (spin- off).
  8. Contribuír á redución do desequilibrio entre homes e mulleres en Ciencia e Tecnoloxía, así como en postos de liderado científico.

VALORES.

Os principais valores do Centro son:

  1. Multidisciplinariedade, integración e cooperación, que permite a abordaxe de patoloxías en diagnóstico ou terapias, de xeito preventivo (vacinas), ou directo (nanoestructuras e fármacos); e promovendo o envellecemento activo e saudable.
  2. Infraestruturas e plataformas tecnolóxicas con persoal técnico experimentado, tanto no propio CINBIO como no CACTI (core facilities), así como nos hospitais do sur de Galicia (Ourense, Pontevedra e Vigo).
  3. Mocidade, Liderado e Creatividade: novo Centro nunha Universidade nova, entre as 100 mellores universidades con menos de 50 anos, (Times Higher Education), con grupos emerxentes de gran potencial e grupos consolidados, líderes en investigación de nivel internacional.
  4. Ética: tanto na investigación biomédica como na experimentación animal.
  5. Integración: en igualdade de xénero e oportunidades; na composición dos grupos e o fomento do liderado feminino.
  6. Compromiso coa sociedade e os pacientes: con actividades de divulgación, participación en xornadas de portas abertas, Semana da Ciencia, actividades con nenos, presenza en medios de comunicación.
  7. Aberta ás empresas: con actividades colaborativas tanto formativas como de desenvolvemento de proxectos ou transferencia de tecnoloxía.
  8. Orientación a resultados, para ser aplicados na sociedade, vía contratos, patentes e de spin- offs; e con experiencia na xestión de proxectos institucionais (BIOCAPS, 4,6 M €)
  9. Internacionalización: ampla rede de colaboracións con centros internacionais e en redes e consorcios nacionais e internacionais.
  10. Espírito de mellora: tanto en investigación como en divulgación científica e adaptación aos medios e redes sociais.