Visita escolar. Rompendo teitos de cristal.

Un día no Cinbio: Rompendo teitos de cristal.

Visita do Colexio Santo Tomás de O Porriño.191001-combo-fotos-1+Noticia no DUVI.IMG_20191001_3-grupo-exterior191001-combo-fotos-2+Actividades programadas de 10 a 13h:

Xornada_cinbio_pgm
Programa:
10.00 h Recepción e Benvida
Benvida ao CINBIO por parte da Directora do Centro, Dª África González Fernández.
10.20 h División do grupo de asistentes en cinco equipos de cinco nenas/os, e entrega de batas de laboratorio para o desenvolvemento das actividades programadas. A distribución horaria ao longo da mañá faise a modo de exemplo, pois as actividades serán realizadas de forma simultánea, de xeito que os grupos vaian rotando polos diferentes experimentos.
10.30 h Histoloxía e microscopía
Realización de actividades de histoloxía e microscopía da man da Técnica de Microscopía do Cinbio Ainhoa Rodríguez Tébar.
Neste taller faranse actividades para ver diferentes estruturas con diferentes tinguiduras de forma que os nenos e nenas poidan facer un xogo cos microscopios onde relacionen un mesmo tecido tinguido con coloracións diferentes.
Por outra banda, terán a oportunidade de tinguir diferentes mostras histolóxicas coa coloración de rutina (Hematoxilina-eosina) para descubrir como se observan o resto de órganos por dentro.
11.00 h Inmunoloxía
Estudiando o sistema inmunitario: Como sei se unha vacina funcionou?
No laboratorio de inmunoloxía traballan, entre outras cousas, no desenvolvemento de novas vacinas fronte a distintos patóxenos. Para saber se a vacina coa que estamos a traballar está a funcionar, unha das cousas que temos que saber é se, grazas a ela, prodúcense anticorpos que nos protexan. Para iso, unha das técnicas máis utilizadas é o ELISA. Este ensaio permite cuantificar a cantidade de anticorpos presentes en mostras biolóxicas a través dunha reacción encimática que produce un cambio de cor apreciable a primeira ollada.
Neste taller os estudantes poderán ver e participar na realización deste ensaio e axudar a identificar que vacúa xerou mellores resultados.
Taller realizado polas Doutoras Olivia Estévez e Amparo Martínez.
11.30 h Nutrición
Disertación sobre nutrición saudable por parte de Laura Toba, integrante do Grupo de Investigación de Endocrinoloxía. A charla estará acompañada pola elaboración dun almorzo saudable.
12.15 h Química coloidal
Síntese de nanopartículas de ouro e breve explicación da aplicabilidade da nanotecnoloxía no mundo cotián. Taller realizado por Sergio Rodal, Gustavo Bodelón, Daniel García e Sergio Gómez.
O taller comezará cunha pequena presentación onde se mostrará que a nanotecnoloxía está moi presente nas nosas vidas, dende a natureza á maioría da tecnoloxía que se consume. Nela tratarase que os presentes sexan conscientes do avance da ciencia neste sector e como a nanotecnoloxía pode axudar a humanidade a mellorar a calidade de vida, xa sexa con sistemas para mellorar o tratamento de enfermidades coma para facer novos materiais para o sector da construción, automobilístico, aeronáutico…
Despois da presentación pasarase a realización dun pequeno experimento onde se sintetizarán nanotriángulos de ouro observándose como a formación destas nanopartículas metálicas fai que a as propiedades ópticas do líquido cambie, dándonos así información da súa forma e tamaño.
12.45 h Agradecemento e despedida. Foto do grupo.