Eventos
Ven coñecer a 'Ciencia con C de CINBIO'!
Un ano máis, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO) celebra o seu ciclo de divulgación científica "Ciencia con C de CINBIO" co principal obxectivo de dar a coñecer ao público xeral as investigacións e a ciencia que se está a levar a cabo na actualidade no centro, dando visibilidade ao traballo diario do #teamCINBIO.
Se tes curiosidade e queres experimentar coa ciencia, esta é a túa oportunidade!
Ciencia na rúa - Vigo
Para ir quentando motores, estaremos a pé de rúa!
O martes 9 de setembro estaremos na rúa do Príncipe de Vigo cunha carpa informativa e lúdica chea de curiosidades científicas, xogos e algunha que outra sorpresa.
Proximamente publicaremos o horario no que poderás coñecer de preto ao persoal do #teamCINBIO.
Xornada de Portas Abertas do CINBIO - visita o centro de investigación
O venres 12 de setembro CINBIO celebrará unha xornada de portas abertas na que poderás visitar as nosas instalacións do campus universitario de Vigo. Unha actividade de balde e para todos os públicos, na que será necesario reservar praza.
Proximamente máis información e inscricións en https://cinbio.es/cienciaconcdecinbio/