GL EN

Media

Ver

Coñece ao #teamCINBIO - Juan Pérez Fernández

O doutor Juan Pérez Fernández é unha das máis recentes incorporacións ao #teamCINBIO e a súa investigación traballa arredor do sistema nervioso, utilizando como base de estudo a lamprea (dada a súa similitude co cerebro dos mamíferos).O cerebro da lamprea presentase como un potente sistema para estudar os mecanismos sensoriomotores. O sistema nervioso da lamprea xunto cos ollos e outros órganos sensoriais permiten rexistros electrofisiolóxicas mentras se aplican estímulos sensoriais naturais. Combinadas con outras técnicas, estas preparacións permiten diseccionar aspectos novedosos da conectividade e función do sistema dopaminérxico, as áreas visuais e a interacción entre os sistemas visual e vestibular.