Media
Coñece ao #teamCINBIO - Lucas Vázquez Besteiro
O doutor Lucas Vázquez Besteiro é unha das máis recentes incorporacións ao #teamCINBIO e a súa investigación céntrase no campo da plasmónica. Segundo este doutor os sistemas plasmónicos son relevantes nun amplo campo na investigación dentro da nanofotónica e foron utilizados en diversas aplicacións, incluíndo a creación de metamateriais con propiedades ópticas exóticas e foto-detectores, mellorando a detección molecular, foto-quecemento en contextos como a purificación da auga ou medicina, a sensibilización de sistemas foto-voltaicos e foto-catalíticos, entre outros.