Media
Laboratorio de Enfermidades Raras
O Laboratorio de Enfermidades Raras, liderado por Diana Valverde, é un grupo de investigación que forma parte do #teamCINBIO dentro da área de medicina molecular. Os seus estudos céntranse nas enfermidades raras, concretamente nas ciliopatías (enfermidades relacionadas cos cilios) e á hipertensión arterial pulmonar.
Na actualidade, o grupo tamén traballa na regulación epixenética e na procura de biomarcadores no cancro colorrectal e de pulmón. Como punto forte, contan cunha ampla experiencia nunha gran variedade de técnicas de bioloxía molecular, análise de datos de xenómica, SNP, proteómica, transcriptómica e epixenómica.
Tamén colaboran noutros campos como odontoloxía, reprodución asistida, farmacoxenética, enfermidades autoinmunes e enfermidades infecciosas.