Media
Xuño
Fotografía finalista do I Concurso de Fotografía CINBIO, realizada por Verónica Salgueiriño (Materiais Magnéticos). Nela represéntase unha maqueta magnética realizada mediante pezas do xogo Geomag, dispostas de forma octaédrica e interaccionando magneticamente entre sí. Utilízase en divulgación dos traballos científicos do grupo, centrados no estudo de nanoestruturas magnéticas octaédricas de óxidos de metais de transición.