GL EN

Media

Play

Coñece ao #teamCINBIO - Julia Majcherkiewicz

Grazas aos fondos FEDER puidéronse realizar unha serie de novas incorporacións que constitúen a primeira promoción de "Early Stage Researchers" ou novos investigadores/as do CINBIO.

Nestes vídeos, estes novos talentos fálannos da súa experiencia no centro e nos diferentes grupos de investigación no que traballaron durante estes meses destacando o seu traballo e a súa aprendizaxe. Nesta ocasión contamos con Julia Machjerwickz que traballou no grupo de investigación Materiais Magnéticos, e conta como viviu esta experiencia e o que significou para ela.

Un dos obxectivos principais do centro é multiplicar o retorno á sociedade en forma de profesionais e de transferencia do coñecemento científico, a decisión do CINBIO de inverter parte dos fondos FEDER na captación de capital humano xustifícase para asegurar o futuro das nosas investigacións, sempre co fin último de mellorar a sociedade.

Estes novos talentos conseguiron a súa praza nunha dura competición na que se premiaron tanto os esforzos observados a raíz da traxectoria profesional e os méritos académicos de cada un deles como tamén outras calidades que se consideran esenciais para o campo da investigación: unha grande motivación, proactividade, atención ao detalle e habilidade de traballar en equipo.