GL EN

Media

EQ 2 1 EQ 2 2 EQ 2 3
Gallery

Día Mundial da Enxeñería para o Desenvolvemento Sostible

No Día Mundial da Enxeñería para o Desenvolvemento Sostible queremos destacar un dos grupos que forman parte do #teamCINBIO desde a cidade de Ourense: Biomasa e Desenvolvemento Sostible (EQ-2). Dentro do CINBIO, as súas áreas de investigación principais son a obtención de prebióticos e antioxidantes, aínda que tamén se realizan algunhas investigacións sobre novos materiais, biocombustibles ou metabolitos microbianos. Se queres ter máis información sobre este equipo, podes entrar no apartado "Grupos" da web.