Media
Laboratorio de Endocrinoloxía (LabEndo)
A hormona GLP-1 (ou incretina) permite inspirar fármacos para atallar enfermidades como a obesidade e a diabetes, enfermidades que poden desencadear outras doenzas graves. Analizando esta hormona, o grupo de Endocrinoloxía (LabEndo), descubriu que esta substancia protexe tamén a funcion pulmonar e podería aplicarse nas súas patoloxías. Neste vídeo da Xunta de Galicia intervén Yolanda Diz, unha das investigadoras do grupo.