GL EN

Job opportunities

TNT - 1 estudante de doutoramento para o proxecto LIGHTtoGAS

Start Date: 22 December 2021
End Date: 24 March 2022
1500€ brutos/mes
Completa (40 h/semana)

Á espera de aclarar distintos aspectos relacionados con recentes cambios na normativa relevante para a contratación de persoal, paralízase a seguinte oferta de empleo para un posto de investigación, coa expectativa de reabrir a convocatoria proximamente. A súa reapertura, así como novos prazos e posibles cambios nas súas condicións, comunicaranse por este medio.

Oferta de traballo. Estudante de doutoramento no Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO), na Universidade de Vigo.

Este contrato está enmarcado dentro do proxecto “LIGHTtoGAS: Modelos multiescala para o deseño de fotocatalizadores plasmónicos”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación de España na convocatoria Proxectos I+D+i “Retos de Investigación”.

A persoa contratada unirase ao grupo de investigación TeamNanoTech e traballará baixo a supervisión de Lucas Vázquez Besteiro.

Descrición.  A persoa contratada traballará no modelado computacional, empregando métodos numéricos de primeiros principios, de reaccións químicas de interese para o desenvolvemento dunha sociedade sostible. Este traballo está contextualizado no desenvolvemento de novos métodos teóricos para optimizar estratexias fotocatalíticas empregando nanoestruturas de distintos materiais, co obxectivo de empregar de modo eficiente a enerxía solar para promover tales reaccións químicas. A persoa contratada traballará nun proxecto de investigación cun gran potencial de impacto científico e tecnolóxico, a cabalo entre a física e a química, co que colaborará con investigadores de perfís diversos, tanto en CINBIO como internacionalmente.

Perfil desexado. Persoa cun mestrado en física, química, matemáticas, enxeñería ou outras disciplinas científicas cunha carga matemática significante, cun expediente académico competitivo, un bo nivel de inglés (oral e escrito) e motivada pola investigación. A familiaridade coa Teoría do Funcional Densidad e nocións de química cuántica serán apreciadas, pero non son indispensables.

Condicións laborais. Contrato a xornada completa (40 horas por semana) cunha retribución bruta mensual de 1.500 € e con 12 pagas anuais. A duración inicial do contrato é de 1 ano, prorrogable. Data de incorporación a convenir coa persoa seleccionada, pero non máis tarde de setembro de 2022.

Selección. O proceso de selección levarase a cabo por unha comisión formada por tres investigadores do centro de investigación CINBIO.

As persoas interesadas deberán enviar unha breve carta motivando o seu interese, o seu CV completo en formato PDF e dous contactos de referencia a lucas.v.besteiro@uvigo.es. A data límite para a presentación de solicitudes será a fin do xoves 31 de marzo de 2022.

Acerca do centro. O centro de investigación CINBIO é un espazo formado por máis de 200 persoas: profesores/as, doutores/as, estudantes de doutoramento e técnicos/as de laboratorio. É unha aposta da Universidade de Vigo para desenvolver o ámbito médico e biotecnolóxico cun elemento diferencial con respecto a outros centros de similares características: o seu carácter multidisciplinario. Contamos con investigadores e investigadoras do máis alto nivel en varias disciplinas: medicina, bioloxía, química, física e informática.

Ademais de coa excelencia científica, CINBIO está comprometido coa igualdade de xénero. Pódese consultar o Plan de Igualdade do centro en https://cinbio.es/igualdade