Acordo de transparencia en Experimentación Animal

Declaración institucional sobre o uso de animais de experimentación

O Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo adheriuse ó Acordo de Transparencia en Experimentación Animal lanzado o 20 de setembro de 2016, foi promovido dende a Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE) e coa colaboración da Asociación Europea para a Investigación Animal (EARA).

Somos conscientes de que a investigación animal xoga un papel fundamental no coñecemento dos mecanismos biolóxicos que están involucrados nas enfermidades e no desenvolvemento do tratamento médico. Sen o uso de animais, non disporíamos da maioría das medicinas, antibióticos, vacinas e técnicas quirúrxicas que se aplican na medicina humana e veterinaria. Actualmente empréganse nos estudos de inmunoloxía, endocrinoloxía ou neurofisioloxía.

O benestar dos animais de experimentación é un tema fundamental, así como o estrito respecto e cumprimento da lexislación vixente sobre a protección dos animais empregados en experimentación e outros fines científicos, incluíndo a docencia. O noso obxectivo é alcanzar os máis altos estándares de benestar animal, non solo dende o punto da responsabilidade moral sobre os mesmos, senón tamén porque non se podería lograr ciencia de calidade sen benestar animal.

A experimentación animal realizada cumpre cos estándares legais e é revisada polo Comité Ético de Experimentación Animal (CEEA) da Universidade de Vigo, que promove o uso de métodos alternativos, a redución do número de animais empregados, e o refinamento dos procedementos experimentais. Ningún proxecto de investigación que requira o uso de animais pode comezar sen a preceptiva avaliación ética e a autorización final por parte do CEEA.

O CINBIO ocupase de garantir tamén que tanto o persoal ó coidado dos animais como os investigadores involucrados en experimentación conten coa formación e coñecementos precisos, e comprometese a proporcionar os recursos precisos para o correcto mantemento dos animais de experimentación no que se refire a instalacións, manutención, benestar e atención veterinaria.