CINBIO 24. Responsable da Unidade de Xestión. Centro Singular. Resolución.

O Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) ofrece un posto a tempo completo para  un/unha Responsable da Unidade de Xestión (Centro Singular).

A solicitude, en modelo normalizado publicado como Anexo II deste documento, e demais documentación enviarase a cinbio@uvigo.es .

O prazo rematará o 15 de Outubro de 2017 (ás 16:00 hora local).

Información completa: CINBIO 24. Responsable da Unidade de Xestión. Centro Singular .

A Comisión de Recursos Humanos publica a CINBIO 24. Listaxe definitivo admitidos.

CINBIO 24. Avaliación méritos. Provisional

Data límite para solicitar revisión de puntuacións: 21 de novembro de 2017.

CINBIO 24. Lista definitiva puntuacións-entrevistas

CINBIO 24. Entrevista puntuacións. Provisional

CINBIO 24. Resolución do procedemento

 

CINBIO 25. Análise bioinformático de dados NGS. Predoutoral. Resolución.

O Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) ofrece un posto a tempo completo para  un/unha estudante predoutoral. Liña de investigación: Xenómica do cancro.

A solicitude, en modelo normalizado publicado como Anexo II deste documento, e demais documentación enviarase a cinbio@uvigo.es .

O prazo rematará o 15 de Outubro de 2017 (ás 16:00 hora local).

Información completa: CINBIO 25. Xenómica do cancro. Predoutoral

CINBIO 25. Listaxe definitivo admitidos excluidos

CINBIO 25. Listaxe provisional puntuacions

CINBIO 25. Resolución

Entrevista a Francisco Javier Rodríguez Berrocal. Biomarcadores Moleculares.

Francisco Javier Rodríguez Berrocal é catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular e secretario do departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo. Ademáis, é o investigador principal do grupo de Biomarcadores Moleculares (BB1) do CINBIO.

O grupo BB1 é multidisciplinar e nel englóbanse 3 equipos de traballo: Bioquímica de Proteínas, Glicoproteómica e Xenética humana. A pesar desta composición, comparten un obxectivo común: achar novos marcadores xenéticos, proteicos ou glicídicos, con vistas á súa posible aplicación en distintas patoloxías humanas.

Cales son as principais liñas de investigación na que estades a traballar o grupo, por separado e en conxunto?

Os tres grupos traballamos na utilización e desenvolvemento de moléculas biolóxicas como marcadores de diagnóstico, prognóstico ou seguimento de enfermidades humanas e animais. Aplicámolos nun rango moi amplo de enfermidades, como o que vai dende enfermidades tan prevalentes como o cancro ata enfermidades raras, como as ciliopatías. Ler máis

Entrevista a Jacobo de Uña-Álvarez, IP do grupo de investigación SIDOR (Inferencia Estatística, Decisión e Investigación Operativa)

“O noso nivel de internacionalización é moi elevado, con colaboradores en institucións de prestixio dos cinco continentes”

Jacobo de Uña- Álvarez, Doutor en Matemáticas, coordina o grupo de investigación SIDOR (Inferencia Estatística, Decisión e Investigación Operativa); grupo creado en 1998 na Universidade de Vigo e especializado en modelos e métodos estatísticos. Cun equipo conformado con máis de 30 investigadores, SIDOR, foi recoñecido como Grupo de Referencia Competitiva pola Xunta de Galicia dende 2008.

Cales son as principais liñas de investigación do voso grupo e que abordaxe diferencial plantexades en comparación con outros grupos similares? Cales son os vosos principais valores engadidos como grupo de investigación? (ex. Multidisplinaridade do equipo, redes de colaboración establecidas, etc)

O grupo SIDOR fai investigación básica na área de Estatística e Investigación Operativa. Dentro da bioestatística, as nosas principais liñas de investigación son: a análise de supervivencia e os modelos multi-estado; a avaliación de probas diagnósticas e pronósticas; regresión e predición en datos de alta dimensión e datos ómicos; e os métodos de comparacións múltiples.

SIDOR é o único grupo de investigación con estas capacidades na zona sur de Galicia. Ler máis

I Annual Meeting CINBIO

O  I Annual Meeting CINBIO,  terá lugar o 16 e 17 de outubro de 2017 no campus universitario de Lagoas- Marcosende da Universidade de Vigo. O congreso será un punto de encontro para facilitar a interacción entre investigadores, profesionais da medicina e do ámbito da saúde en xeral de Galicia, España e doutros países. Nesta edición as temáticas do congreso son: Cáncer, Inmunidade e Inflamación e Nanotecnoloxía.

O prazo de inscrición finaliza o 10 de outubro de 2017. Obrigatoria solicitude de inscrición no correo cinbio@uvigo.es.

Programa provisional       Guía para a presentación de póster

Debido á situación de emerxencia ocasionada no Campus Universitario de Vigo (Lagoas-Marcosende), suspendeuse a xornada de hoxe 16 de outubro do I Annual Meeting CINBIO, o congreso celebrarase o martes 17 e mércores 18 de outubro. Pode consultarse o novo programa no link: ÚLTIMA HORA – NOVO PROGRAMA

Poster

Entrevista a Florentino Fernández Riverola, IP do Grupo Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING)

“Temos a capacidade de abordar problemas complexos e traballar en equipos onde resulta fundamental a coordinación de profesionais pertencentes a distintos ámbitos de coñecemento”

Florentino Fdez-Riverola é doutor en Enxeñería Informática e membro do Departamento de Informática da Universidade de Vigo, dende onde lidera o Grupo de Investigación en Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING), un grupo multidisciplinar que se focaliza na investigación e desenvolvemento de novas metodoloxías e aplicacións computacionais.

  Ler máis

Entrevista a Jorge Pérez-Juste, IP, e a Gustavo Bodelon, investigador posdoutoral do grupo de Química Coloidal

 

“A calidade e o impacto da nosa produción científica é o noso principal aval como grupo de investigación de elite”

O grupo de Química Coloidal formouse en 1996, ao pouco de que se abrira a Facultade de Química da Universidade de Vigo.

Actualmente integrado no Centro de Investigacións Biomédicas CINBIO, o grupo está formado por 10 investigadores, fundamentalmente químicos e os seus Investigadores Principais son Jorge Pérez-Juste e Isabel Pastoriza. A súa investigación céntrase na síntese, caracterización e as súas aplicacións nas nanopartículas metálicas.

Pola súa parte, Gustavo Bodelón, biólogo molecular e investigador posdoutoral no grupo, aporta un enfoque biolóxico e centra a súa investigación nas partículas coloidais plasmónicas e as súas aplicacións para o diagnóstico e biodetección.

Ler máis

1 10 11 12 13 14 15