FA2 Grupo de Física Aplicada

Jose Luis LegidoCat. Jose Luís Legido Soto

(Doctor en Física)

tl_files/cinbio/imagenes/telefono.png +34 986 81 22 94
tl_files/cinbio/imagenes/arroba.png xllegido@uvigo.es
tl_files/cinbio/imagenes/masinfo.gif Applied Physics Group

A liña de investigación principal do grupo céntrase no termalismo e no estudo dos peloides como produtos termais singulares dentro de biosaúde e no envellecemento activo.

O obxectivo principal está baseado na caracterización termofísica dos mesmos, así como o estudo de diferentes técnicas físicas para o control de organismos patóxenos.

Actualmente o grupo está traballando nas seguintes liñas de investigación:

  • Determinación de propiedades físicas a diferente presión e temperatura
    • Propiedades termodinámicas
    • Propiedades viscoelásticas
    • Propiedades densitométricas
  • Modelización do estado líquido
  • Sistemas expertos
    • Incendios forestais (índices de perigo, sistemas de xestión ou planificación de recursos)
  • Propiedades termofísicas de peloides (barros usados en termalismo)
    • Aplicacións termoterapéuticas e cosméticas
  • Caracterización dieléctrica de sistemas multicompoñentes no dominio da frecuencia (desde baixa frecuencia á frecuencia de microondas)
    • Medidas de caracterización
    • Modelos teóricos de predicción
  • Estudo entre permitividade dieléctrica e outras magnitudes
  • Estudo de propiedades físicas de mesturas de hidrocarburo + alcohol + éter como combustibles alternativos
  • Estudo de refrixerantes alternativos