O CINBIO, multidisciplinariedade e potencia investigadora ao servizo da biomedicina

Falamos con África González Fernández, Directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo para coñecer de primeira man que é o CINBIO, o seu potencial e que representa para o ámbito biomédico rexional, nacional e internacional.

 

África González, natural de Madrid e residente en Vigo, doctorouse en Medicina e especializouse en Inmunoloxía na Clínica Puerta de Hierro de Madrid. Tras iso, desprazouse a Cambridge para traballar con César Milstein, premio Nobel, no Medical Research Council, o seu referente como centro de investigación. Actualmente dirixe o CINBIO, o Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, considerado “Centro Singular de Investigación de Galicia (2016-2019)”. Lidera o grupo de Inmunoloxía e é presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía.

 

O CINBIO, Centro de Investigación Singular 2016-2019

O CINBIO surxe por unha necesidade dos grupos de investigación e unha aposta da Universidade de Vigo por desenvolver o ámbito biomédico. Neste sentido, o CINBIO ten un elemento diferencial respecto doutros centros de similares características: a súa multidisciplinariedade.

 

“O que caracteriza ao CINBIO é que conta con grupos de investigación moi potentes, multidisciplinares, que traballan ao unísono e que teñen a capacidade de compartir sinerxias e recursos”

 O CINBIO está composto por case 200 investigadores do máis alto nivel pertencentes a distintas áreas de coñecemento (Medicina, Bioloxía, Química, Física, Bioestadística, Bioinformática).

En total confórmano 13 grupos que se encadran en 5 áreas de investigación principais: Cancro, Inmunidade e Inflamación, Neurociencias, Biosaúde e Envellecemento Activo e Obesidade e Enfermidades Metabólicas; e 3 transversais: Bioinformática, Bioestadística e Innovación (diagnóstico, prevención e terapia).

O CINBIO conta cun edificio de 6 módulos con zonas propias para cada grupo e múltiples zonas de uso común para que os investigadores de diferentes grupos estean integrados e cren sinerxias entre eles, incluíndo salas sociais na que os investigadores poden compartir charlas tomando un café.

Entre as tecnoloxías máis novedosas coas que conta CINBIO destaca o Orbitrap Elite, para realizar estudos de proteómica masiva, sendo un dos poucos centros en España que dispón del. Ademáis, realizan secuenciación masiva, tanto xenómica como transcriptómica, e dispoñen na unidade de citometría dun citómetro-sorter,  unha tecnoloxía que permite realizar separación de célula única. A todo isto únese a proximidade á tecnoloxía punteira coa que conta a Universidade de Vigo no CACTI.

O CINBIO conta tamén cun laboratorio BSL-3  moi novedoso para realizar cultivos con patóxenos de Nivel 3, nos que hai que ter medidas de seguridade moi estrictas, e un servizo de bioexperimentación para poder desenvolver ensaios preclínicos.

O  CINBIO construíuse grazas á financiación conseguida en convocatorias de infraestruturas públicas nacionais, e tamén europea. Como proxectos destacan o  BIOCAPS do 7º FP da Unión Europea e o apoio da Universidade de Vigo e Xunta de Galicia.

Recentemente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia outorgoulle ao CINBIO a distinción de Centro Singular de Investigación de Galicia (2016-2019), o que supón un importante impulso económico para os tres próximos anos.

 

¿Que proxectos de investigación levaron a cabo os investigadores do CINBIO?

 A nivel internacional, os investigadores do CINBIO traballaron durante 2016 en 8 proxectos europeos, entre os que destacan o ERC Consolidator Grant do Dr. David Posada, do grupo de Filocáncer e Xenómica computacional, que foron dotados co rango máximo dun proxecto ERC Consolidator (2 millones de €) ou o proxecto institucional BIOCAPS (2013-2016) cunha dotación de máis de 4,6 millóns de euros.

Así mesmo, en 2017 contarase cun novo proxecto ERC Starting Grant do Dr. José M. Castro Tubio, tamén do grupo de Filocáncer e Xenómica computacional, por importe de 1,5 millóns de euros. A financiación captada en convocatorias internacionais supón un 17,8% do total.

 

“O CINBIO conta con dous investigadores ERC: David Posada, cunha ERC Consolidator Grant e José M. Castro Tubio, cunha ERC Starting Grant”

A nivel nacional os investigadores/as do CINBIO desenvolveron 29 proxectos nacionais, dos cales 6 iniciaronse neste ano. A principal fonte de ingresos neste caso dos proxectos nacionais é o Plan Nacional de I+D+i. A financiación captada en convocatorias nacionais supón un 67,4% do total.

En canto á financiación rexional captada, os investigadores/as do CINBIO desenvolveron 8 proxectos autonómicos. Esta financiación supón o 17,8% do total.

Máis alá da financiación competitiva, África González explica que dende o CINBIO foméntase a captación de financiación externa, como por exemplo de fundacións privadas, asociacións e empresas, xa sexa para financiar proxectos de investigación como para accións de divulgación científica.

Así mesmo, como consecuencia das sinerxias e complementariedades entre grupos estanse desenvolvendo e apoiando proxectos conxuntos internos, por exemplo entre Inmunoloxía e Química Física, ou entre Química Orgánica e Endocrinoloxía para síntese de fármacos para patoloxías endocrinas, entre outros.

 

Produción científica de primeiro nivel

A produción científica é outro dos puntos fortes do CINBIO: os seus grupos xeraron un total de 149 artículos no período 2016, 143 artigos científicos e 6 capítulos de libros. Entre as publicacións científicas destacan as de revistas de gran impacto como Nature Materials, Nature Review Genetics, Systemic Biology, Nanoletter, J. Am. Chem. Soc., Annals of Rheumatic diseases, entre outras.

E é que o CINBIO conta con investigadores moi potentes en produción científica, por exemplo, co Dr David Posada, quen posúe o recoñecemento de investigador altamente citado (ISI Highly Cited Researcher), e coa Dra. Isabel Pastoriza, quen conta cun índice H de 51 o que a posiciona como unha das investigadoras/es a nivel nacional con maior impacto en Química Física.

CINBIO, un centro cun gran potencial para a valorización e a transferencia de resultados á sociedade

 O CINBIO e a Oficina de transferencia tecnolóxica de resultados de investigación da Universidade de Vigo colaboran para valorar as posibilidades de transferir estes resultados á sociedade das investigacións levadas a cabo polos grupos. Para iso posúen un catálogo tecnolóxico dos diferentes grupos do centro, que dinamizan e actualizan periodicamente.

Ao longo de 2016 xestionaronse 20 Contratos de I+D e Servizos Tecnolóxicos, dos cales 17 foron firmados nesta anualidade, participando nestas operacións un total de 12 novas empresas.

 A pregunta de que ofrece o CINBIO ás empresas, África responde que “o CINBIO pon a disposición das empresas uns laboratorios modernos, con equipamiento sofisticado e con persoal moi experto.” Ademáis recalca que “a súa situación xeográfica, no sur de Galicia, facilítalles o acceso a outras empresas do sector biotecnolóxico.”

Non podemos olvidar o papel que xoga o CINBIO a nivel rexional, ofrecendo gran potencia en investigación, en clínica e en transferencia á bisagra sur de Galicia. Ademáis, CINBIO mantén unha estreita colaboración co entorno empresarial máis cercano, con empresas como Lonza, CZ Veterinaria, entre outras.

 

“O CINBIO pon a disposición das empresas uns laboratorios modernos, con equipamento sofisticado e con persoal moi experto”, comenta África González.

O potencial do CINBIO queda demostrado se temos en conta que dende o 2008 ata a actualidade promoveronse 5 spin-offs polos grupos do CINBIO: Inbiogal S.L. (2008), NanoImmunotech (2009), Peloides termales S.L. (2009), FG2 Energy control (2012) e Nanofaber (2015).

CINBIO e a súa decidida aposta pola captación e retención de talento investigador

Entre as accións de atracción de talento que se levan a cabo, a Universidade de Vigo abriu convocatorias de talento para calquera ámbito, destinadas a doctorados cun expediente notable e con potencial de atracción de financiación de ciencia excelente (como un Ramón e Cajal ou unha ERC). Así mesmo, hai outra convocatoria para captar 2 investigadores que xa obtiveran unha ERC.

Pola súa parte o CINBIO prevé levar a cabo accións complementarias para atraer aos mellores investigadores do ámbito da biomedicina, a través de convocatorias exclusivas para o seu ámbito científico. Neste punto, o tema fundamental é a estabilización e retención do talento captado. Nesa liña apela á necesidade de accións que fomenten a estabilidade dos investigadores, tanto na súa labor docente como na súa labor investigadora.

Preguntada sobre como ve o CINBIO nos próximos 5 anos, comenta que cree que o centro quedará pequeno, xa que moitos investigadores están manifestando o seu interese por traballar nas súas instalacións, e estase rexistrando un gran nivel de actividade. África afirma que CINBIO vai ir medrando, establecendo colaboracións cada vez máis estreitas con outros centros nacionais e internacionais.