Servizo de Bioexperimentación

bioexperimentacion-rec-079          logo-Sbio-Servicio Bioexperimentacion-640x315

Contacto: +34 986 818 678

Marina Peña Penabad, veterinaria. vetanimpp@uvigo.es

Vanesa Dominguez Lorenzo, técnico. tecanivdl@uvigo.es

Marisol Rodríguez Feijoo, técnico. tecanimrf@uvigo.es

SBio-ANCB2-1SBio-ANCB2-puertaSBio-ANCB2-accesoSBio-ANCB2-carro-jaulas-campanaSBio-ANCB2-pantalla-clima

 

 

 

 

 

 

 

nova zona ANCB-2

esta zona do Servizo de Bioexperimentación ten como fin albergar animais deliberadamente infectados con axentes biolóxicos dos grupos de risco 1 e 2, e tamén Organismos Modificados Xeneticamente (OMXs) de riscos 1 e 2.

A devandita instalación dispón de todos os requisitos estructurais (filtración de aire, sistema de presións, portas interbloqueo,  etc.), e asemade do equipamento preciso para asegurar o aloxamento seguro destes animais e o mantemento das barreiras de bioseguridade que se esixen en este tipo de instalacións (ver RD 664/97 sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o seu trabajo).

A instalación conta con autorización da Comisión Nacional de Bioseguridade para o traballo con OMXs de tipo 2 e foi cualificada segundo informe da FAO/OMS como instalación de nivel de contención biolóxica 2+ ou avanzado: ANCB2+.

O Servizo de Bioexperimentación (Sbio) foi creado co  fin de satisfacer a demanda dos investigadores no campo biomédico que empregan modelos animais.

  • Consta de sete salas de estabulación en zona limpa, tres delas con clasificación microbiolóxica SPF (specific pathogen-free). A área de estabulación está especialmente deseñada para o aloxamento de pequenos roedores (rata e rato) e equipada con materiais e equipos axustados ós requirimentos marcados pola lexislación vixente (RD 53/2013).
  • As instalacións dispoñen dunha zona de quirófano para a realización de procedementos experimentais, unha zona para estudos de metabolismo, zonas de preanestesia e recuperación dos animais.
  • O equipamento da área de limpeza permite manter unha barreira entre a zona limpa e sucia, de modo que se manteñan intactas as condicións microbiolóxicas dos animais estabulados.
  • O Sbio proporciona servizos desde a estabulación dos animais, ata a íntegra realización dos procedementos experimentais, todo, no marco da transparencia e baixo un estrito control das condicións de benestar dos animais, seguindo a regra das “tres R”, para usar o menor número posible de animais.

A experimentación animal ten un papel fundamental no descubrimento dos mecanismos biolóxicos subxacentes na enfermidade e no desenvolvemento de tratamentos médicos. Sen investigación en animais, non teriamos a maioría dos medicamentos, antibióticos, vacinas e técnicas cirúrxicas que se aplican hoxe en día na medicina humana e veterinaria.

 

Ligazóns a documentos de interese::