Citometría de Fluxo

citómetro

Contacto:  +34 986 130 195 / +34 986 818 765

Dra. Mercedes Peleteiro Olmedo,

cinbiocitometria@uvigo.es , mpeleteiro@uvigo.es

A Citometría de Fluxo é unha ferramenta moi útil que permite facer unha análise multiparamétrica (tamaño, complexidade, cantidade de ADN, fenotipo, etc.) de mostras formadas por suspensións celulares ou subcelulares, de procedencias moi diversas. É una técnica moi rápida e eficiente, xa que proporciona moita información en cuestión de segundos obtendo datos moi representativos dunha poboación a partir dunha cantidade mínima de mostra. Ademais, en función do equipo, pode ofrecer a posibilidade de facer separación de diferentes poboacións celulares. É una técnica que ofrece múltiples aplicacións en humanos, animais, plantas e microorganismos.

Servizos:

CITOMETRÍA DE FLUXO ANALÍTICA

  • Beckman Coulter FC500: Manual 
    • Conta cun láser de 488 nm e pode detectar 5 cores, FSC e SSC. Ademais, dispón dun cargador para ler placas.
  • BD Accuri C6. Manual
    • Conta con dous láseres (488 e 640 nm), detector de FSC, SSC e 4 cores.
  • Beckman Coulter, Cytoflex S. NOVOManual.
    • Conta con catro láseres (405, 488, 561 e 638 nm), detectores para FSC, SSC, V-SSC e 13 cores. Ademais, dispón dun cargador de placas.

CELL SORTING.

  • BD FACSAriaIII. Manual.
    • Citómetro sorter que conta con 3 láseres (405, 488 e 633 nm) para a detección de FSC, SSC e ata 11 cores. Ademais, ten a capacidade de separación celular en diferentes soportes (4 poboacións simultaneamente en tubo, single-cell sorting en placa de múltiples pocillos, etc.).

EQUIPO PARA MULTIPLEXING

  • MAGPIX (Luminex). Manual.
    • É un equipo específico para detectar múltiples analitos en placas, e baséase na utilización de microesferas unidas a anticorpos específicos como soporte para inmunoensaios. Ao utilizar microesferas de diferentes tamaños e intensidades de fluorescencia, as súas diferentes combinacións, permiten detectar múltiples analitos nun único pocillo. Este equipo tamén se pode utilizar en autoservizo, previa formación específica.

ANALIZADOR DE NANOPARTÍCULAS.

  • NanoSight NS300 (Malvern). Guía de software /  Manual
    • O equipo Nanosight NS300 permite facer un análisis rápido da distribución de tamaños e concentración de todo tipo de nanopartículas (tanto sintéticas como biolóxicas) entre os 20 nm e os 1000 nm de diámetro.

ESTACIÓN PARA ANÁLISE DE DATOS. NOVO.

  • Inclúe un ordenador con diferentes programas de análise de datos de citometría de fluxo:
    • FlowLogic (versión 7.1)
    • BD Accuri C6 Software.  Guía do software.
    • CytExpert Software.