GL EN

Igualdade

O CINBIO está aliñado co Plan de igualdade da Universidade de Vigo, tratando de impulsar o papel da muller na ciencia. Na actualidade, das 223 persoas que conforman o CINBIO, 123 son mulleres e seis delas co cargo de investigadoras principais nos grupos. Aínda que as mulleres son unha maioría, os cargos de profesorado aínda o seguen a desempeñar unha maior composición masculina. Non obstante, espérase que esta tendencia sexa modificada nos próximos anos a través de accións como a promoción feminina en órganos directivos.

En consonancia con esta política, o centro foi líder na implantación dunha sala de lactación e conta cun plan de flexibilidade laboral para fomentar a compatibilidade entre traballo e familia.

A sala de lactación, pioneira na Universidade de Vigo, conta con elementos para garantir á máxima comodidade e tranquilidade para todas aquelas mulleres que queiran extraer leite.

Cinbio, investigadores e investigadoras do máis alto nivel

Doutra parte, apoiamos e colaboramos coa Unidade de Igualdade da universidade, fomentando e divulgando diversas iniciativas para diminuír a disparidade de xénero nas STEM e outras accións formativas internas en igualdade.

Aproveitando a celebración o 11 de febrero do Dia Internacional da Muller e da Nena na Ciencia realizamos a acción Elas Fan CienTec, co obxectivo de darlle visibilidade ás científicas e crear referencias nos campos da ciencia e da enxeñería. Así, alumnado de Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato visitou as nosas instalacións para ser partícipes do traballo das nosas investigadoras.

Tamén traballamos pola consecución da presenza paritaria de mulleres e homes en actividades tanto da universidade coma externas e a existencia dun equilibrio paritario na dirección da investigación. A todo isto engádese unha comunicación do centro con perspectiva de xénero nos nosos medios internos.

Por último, respectamos a vixilancia do cumprimento das normas de paridade da universidade, así como a prevención e as medidas de sanción nos casos de acoso sexual e por razóns de sexo. Ademais, fomentamos a participación en redes con empresas que impulsan a igualdade, tratamos de promover que as mulleres científicas creen empresas spin-off e impulsamos a visibilidade da muller científica nos medios de comunicación.

Plan de Igualdade UVigo

Manual de Igualdade da UVigo