Estrutura e organización
A estrutura organizativa do centro está formada pola comisión reitora da Universidade de Vigo, a dirección, o comité executivo e científico do centro e o comité asesor externo.
Comisión Reitora
A comisión reitora exerce o goberno, a coordinación e a supervisión da actividade e do funcionamento da Universidade de Vigo.
Dirección
Comité Executivo
O comité executivo está formado por representantes de cada unha das catro áreas de investigación do centro, co obxecto de axilizar a súa xestión.
Comité Científico
A Comisión Científica do CINBIO está composta polos coordinadores dos grupos de investigación adscritos ao centro. Ten como finalidade o control e seguimento da misión e estratexia.
Comité Asesor Científico Externo (CAE)
O CINBIO conta cunha Comisión Asesora Externa que avalía a estratexia do centro, realiza recomendacións e seguimento do proxecto. É un órgano de asesoramento, observador, consultivo e externo ao centro de investigación, constituído por investigadores e investigadoras de recoñecido prestixio en diferentes áreas e especialidades.