GL EN

Oferta de servizos

Laboratorio NCB-3

Laboratorio NCB-3

Este laboratorio está destinado á investigación de patóxenos de nivel 3 (NCB3). O seu acceso é restrinxido e só estará dispoñible en réxime de autoservizo tras realizar o correspondente programa específico ou a través de colaboracións co persoal técnico adscrito ao laboratorio.

Os equipos dispoñibles son:

  • Tres cabinas de seguridade biolóxica de tipo II

    Dous incubadores de CO2

    Dous microscopios de rutina (un deles con fluorescencia)

    Dúas centrífugas

    Neveira e conxeladores para almacenar mostras e reactivos

Responsable do Servizo

Galina Pinzaru
Galina Pinzaru

Responsable

É técnica de diagnóstico clínico e leva formándose como profesional no Cinbio desde 2017. Tamén está formada en materia de seguridade biolóxica para preparar o laboratorio NCB-3 e aprender a xestionar o sistema de calidade ISO 9001:2015 do centro. Actualmente, é a responsable dos laboratorios comúns e responsable de calidade.