GL EN

Oferta de servizos

Reactor solar

Nanobiomateriais

O servizo de Nanobiomateriais pertence á Unidade de Caracterización e é un servizo de apoio á investigación onde os equipos utilízanse en réxime de autoservizo desde o punto de vista científico e técnico.

Este servizo da apoio no deseño, a síntese e a caracterización de nanomateriais coa fin de desenvolver novas aplicación, que inclúen detección ambiental, biosensibilidade, nanomedicina, teranóstica, liberación controlada e catálise.

Os equipos dispoñibles son:

  • Analizador volumétrico para medidas de fisisorción e quimisorción

    Espectrofotómetro Raman

    Simulador solar

    Multirreactor

    Impresora de tiras de Lateral Flow

    Equipo de hipertermia magnética

Responsable da Unidade de Caracterización

Mercedes Peleteiro Olmedo
Mercedes Peleteiro Olmedo

Responsable

Doutorada en Bioloxía pola Universidade de Vigo (2015), especializouse durante a súa carreira investigadora en Citometría de Fluxo, o que lle permitiu incorporarse ao Cinbio como responsable desta área e da de Bioloxía Molecular.

Colabora activamente nos proxectos de varios grupos de investigación do Cinbio e outras entidades dos eidos biomédico e biotecnolóxico. Ademais, está involucrada en varios programas docentes de divulgación da Universidade de Vigo.