GL EN

Transferencia

Transferencia

Transferencia

Dado que un dos obxectivos do noso centro é multiplicar o retorno á sociedade en forma da transferencia do coñecemento científico, no Cinbio desenvolvéronse diferentes soportes lóxicos (softwares), spin-offs e patentes.

Software

Unha das transferencias do Cinbio á sociedade consiste na creación de softwares informáticos con aplicacións no campo biomédico. Recentemente, os nosos investigadores e investigadoras crearon varios softwares do total de 64 do centro, cuxa información se pode observar nesta páxina:

Transferencia
Transferencia

Patentes

O persoal investigador do Cinbio ten experiencia no desenvolvemento de patentes e protección de resultados. Ata agora, patentáronse fármacos, biomarcadores para o diagnóstico, biosensores, anticorpos monoclonais e diversas licenzas de software, entre outros. Na seguinte listaxe atópanse as patentes e os rexistros na propiedade intelectual máis recentes.

Spin offs

No Cinbio somos activos na creación de empresas de base tecnolóxica. Desde o ano 2008 ata a actualidade, as nosas investigadoras e investigadores foron promotores de cinco empresas:

Transferencia

Inbiogal S. L.

(creada en 2008, Vigo)

NanoImmunotech

(creada en 2009, con sedes en Vigo e en Zaragoza)

Peloides Termales S. L.

(creada en 2009, Vigo)

FG2 Energy Control

(creada en 2012, Vigo)

Nanofaber

(creada en 2015, italo‐española. Inicio de mercado en 2016)