Servizo de Bioexperimentación

 

O Servizo de Bioexperimentación (SB-UVI) foi creado co  fin de satisfacer a demanda dos investigadores no campo biomédico que empregan modelos animais.

Consta de sete salas de estabulación en zona limpa, tres delas con clasificación microbiolóxica SPF que son xestionadas en condicións barreira. A área de estabulación está especialmente deseñada para o aloxamento de pequenos roedores (rata e rato) e equipada con materiais e equipos axustados ós requirimentos marcados pola lexislación vixente (R.D. 53/2013).

As instalacións dispoñen, a maiores, dunha zona de quirófano para a realización de procedementos experimentais, unha zona para estudos de metabolismo, zonas de preanestesia e recuperación dos animais.

O equipamento da área de limpeza permite manter unha barreira entre a zona limpa e sucia, de modo que se manteñan intactas as condicións microbiolóxicas dos animais estabulados.

O SB-UVI proporciona servizos desde a estabulación dos animais, ata a íntegra realización dos procedementos experimentais, todo, no marco da transparencia e baixo un estrito control das condicións de benestar dos animais, preservando ó máximo os principios das tres Rs. Acordo de transparencia en experimentación animal

 

Páxina web en construcción . Disculpen as molestias.