Citometría de Fluxo

citómetro

Contacto:  +34 986 130 195 / +34 986 818 765

Dra. Mercedes Peleteiro Olmedo,

cinbiocitometria@uvigo.es , mpeleteiro@uvigo.es

 

A Citometría de Fluxo é unha ferramenta moi útil que permite facer unha análise multiparamétrica (tamaño, complexidade, cantidade de ADN, fenotipo, etc.) de mostras formadas por suspensións celulares ou subcelulares, de procedencias moi diversas. É una técnica moi rápida e eficiente, xa que proporciona moita información en cuestión de segundos obtendo datos moi representativos dunha poboación a partir dunha cantidade mínima de mostra. Ademais, en función do equipo, pode ofrecer a posibilidade de facer separación de diferentes poboacións celulares. É una técnica que ofrece múltiples aplicacións en humanos, animais, plantas e microorganismos.

Servizos:

  • Citometría de Fluxo analítica
    • Instrumentos
      • Beckman Coulter FC500: conta cun láser de 488 nm e pode detectar 5 cores, FSC e SSC. Ademais, dispón dun cargador para ler placas.
      • BD Accuri C6: conta con dous láseres (488 e 640 nm), detector de FSC, SSC e 4 cores.
    • Ambos equipos poden ser utilizados en réxime de autoservizo, facendo unha formación previa coa persoa responsable do servizo.
  • Cell sorting. O servizo dispón dun BD FACSAriaIII, que é un citómetro sorter que conta con 3 láseres (405, 488 e 633 nm) para a detección de FSC, SSC e ata 11 cores. Ademais, ten a capacidade de separación celular en diferentes soportes (4 poboacións simultaneamente en tubo, single-cell sorting en placa de múltiples pocillos, etc.).
  • Equipo para Multiplexing MAGPIX (Luminex). É un equipo específico para detectar múltiples analitos en placas, e baséase na utilización de microesferas unidas a anticorpos específicos como soporte para inmunoensaios. Ao utilizar microesferas de diferentes tamaños e intensidades de fluorescencia, as súas diferentes combinacións, permiten detectar múltiples analitos nun único pocillo. Este equipo tamén se pode utilizar en autoservizo, previa formación específica.