Que atoparás na xornada de portas abertas de CINBIO?
Un ano máis, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, CINBIO, celebra o seu ciclo de divulgación científica “Ciencia con C de CINBIO” co principal obxectivo de dar a coñecer ao público xeral as investigacións e a ciencia que se está a levar a cabo na actualidade no centro, dando visibilidade ao traballo diario do #teamCINBIO.
COÑECE O CINBIO
VISITA OS LABORATORIOS
E REALIZA EXPERIMENTOS
Que é CINBIO?
CINBIO é un Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo.
Somos un equipo de máis de 200 persoas dedicadas á investigación biomédica e biotecnolóxica.
Contamos con investigadores e investigadoras do máis alto nivel en varias disciplinas: medicina, bioloxía, química, física, matemáticas e informática.
O noso obxectivo é contribuír ao avance do coñecemento nestas áreas e facémolo da seguinte maneira:
- Colaborando en programas de investigación conxuntos a nivel nacional e internacional.
- Participando en programas educativos para formar profesionais en nanomateriais e biomedicina.
- Estimulando a explotación comercial dos resultados de investigación a través de contratos, patentes, licenzas e a creación de novas empresas (spin-offs).
Como asistir á xornada de portas abertas de CINBIO?
Se tes curiosidade e queres coñecer a resposta a preguntas científicas ou experimentar coa ciencia, esta é a túa oportunidade!
Para poder asistir é necesario reservar praza a través do formulario. É de balde para todos os públicos!
Aforo limitado. As persoas participantes seleccionaranse por orde de inscrición ata esgotarse as prazas e recibirán un correo electrónico confirmando que foron seleccionadas uns días antes da visita.
INSCRICIÓNS E LISTA DE AGARDA COMPLETAS