GL EN

Política de calidade ISO 9001

Política de Calidade Xaneiro 2020

O Centro de Investigación da Universidade de Vigo (CINBIO) Biomédicas (CINBIO) é un centro multidisciplinar, considerado Centro de Investigación singular de Galicia (2020-2022). A súa misión céntrase en crear unha infraestrutura común para os investigadores e investigadoras da área biomédica, así como proporcionar o apoio para o fomento e desenvolvemento da investigación neste ámbito. CINBIO é consciente da necesidade de garantir a permanente orientación aos usuarios/as e demais grupos de interese. Por iso, o Goberno da Universidade de Vigo, a través do Vicerreitorado de Investigación e da Dirección do CINBIO, asegura a adecuada implantación, mantemento e mellora dun Sistema de Xestión da Calidade conforme cos requisitos da Norma ISO 9001:2015 de aplicación á prestación dos servizos: Bioexperimentación, Citometría de Fluxo, Histoloxía, Interaccións Moleculares (SPR), Microscopia, Laboratorio NCB-3 e Bioloxía Molecular.

Establece os seguintes obxectivos xerais:

  • Asegurar o cumprimento dos requisitos legais e outros que resulten de aplicación.
  • Determinar os riscos e oportunidades asociados ao contexto no que opera o centro e ás necesidades e expectativas dos grupos de interese, así como asegurar a toma de accións que resulten pertinentes.
  • Asegurar a orientación ao usuario/a na planificación e prestación dos servizos, así como asegurar o seguimento da percepción do usuario/a acerca do desempeño da organización.
  • Definir periodicamente obxectivos da calidade como ferramenta para garantir o compromiso de mellora continua.
  • Asegurar la dispoñibilidade dos recursos necesarios para garantir a adecuada prestación dos servizos e a consecución dos obxectivos da calidade.
  • Garantir a comunicación e difusión desta política ás persoas do CINBIO directamente implicadas no sistema de xestión da calidade, así como asegurar a súa dispoñibilidade para os grupos de interese.

A Dirección do CINBIO

IQNet

ER-0663/2018