Manual de benvida

Manual de benvida
Dado que un dos obxectivos do noso centro é multiplicar o retorno á sociedade en forma da transferencia do coñecemento científico, no Cinbio desenvolvéronse diferentes soportes lóxicos (softwares), spin-offs e patentes.
Prensa
O Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) é un centro multidisciplinario anexionado á Universidade de Vigo único en Galicia.
No centro, con sede en Vigo e espazos en Ourense, reúnense máis de 200 investigadoras e investigadores nun total de catorce grupos de investigación que traballan arredor de catro grandes áreas: medicina molecular, nutrición e benestar, nanomateriais e informática para a saúde e a bioestatística.


Feder / Xunta-EU
As actividades do Cinbio están subvencionadas dentro do programa Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) da Xunta de Galicia no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e tamén pola Unión Europea, co obxectivo temático de «promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a investigación de calidade», e o lema «unha maneira de facer Europa».
Para regular as comunicacións do Cinbio co uso correcto da súa identidade corporativa, notifícanse as seguintes características:
Igualdadade
O Cinbio está aliñado co Plan de igualdade da Universidade de Vigo, tratando de impulsar o papel da muller na ciencia. Na actualidade, das 213 persoas que conforman o Cinbio, 120 son mulleres e seis delas co cargo de investigadoras principais nos grupos. Aínda que as mulleres son unha maioría (máis do 54 % a nivel global), os cargos de profesorado aínda o seguen a desempeñar unha maior composición masculina. Non obstante, espérase que esta tendencia sexa modificada nos próximos anos a través de accións como a promoción feminina en órganos directivos.
En consonancia con esta política, o centro foi líder na implantación dunha sala de lactación e conta cun plan de flexibilidade laboral para fomentar a compatibilidade entre traballo e familia. Doutra parte, apoiamos e colaboramos coa Unidade de Igualdade da universidade, fomentando e divulgando diversas iniciativas, como por exemplo o seminario Woman in Science.

Respectamos a vixilancia do cumprimento das normas de paridade da universidade, así como a prevención e as medidas de sanción nos casos de acoso sexual e por razóns de sexo. Ademais, fomentamos a participación en redes con empresas que impulsan a igualdade, tratamos de promover que as mulleres científicas creen empresas spin-off e impulsamos a visibilidade da muller científica nos medios de comunicación.