Ciencia con C de Cinbio

Ven coñecer o CINBIO e descobre a ciencia que se fai en Galicia.

Aforo limitado

INSCRICIÓN / LISTA DE AGARDA
Icon Fecha

13 DE SETEMBRO 2024
VENRES
DE 16.00 A 19:00 H

icon Lugar

CAMPUS
UNIVERSITARIO DE
VIGO

icon publico

PARA TODOS OS PÚBLICOS

icon entrada

ENTRADA
DE BALDE

Que atoparás na xornada de portas abertas de CINBIO?

Un ano máis, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, CINBIO, celebra o seu ciclo de divulgación científica “Ciencia con C de CINBIO” co principal obxectivo de dar a coñecer ao público xeral as investigacións e a ciencia que se está a levar a cabo na actualidade no centro, dando visibilidade ao traballo diario do #teamCINBIO.

COÑECE O CINBIO

VISITA OS LABORATORIOS

E REALIZA EXPERIMENTOS

INSCRICIÓN / LISTA DE AGARDA

Isto é un pequeno resumo do que aconteceu na xornada de portas abertas do 2023

Vídeo

VER VÍDEO RESUMO

Que é CINBIO?

CINBIO é un Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo.

Somos un equipo de máis de 200 persoas dedicadas á investigación biomédica e biotecnolóxica.

Contamos con investigadores e investigadoras do máis alto nivel en varias disciplinas: medicina, bioloxía, química, física, matemáticas e informática.

Cinbio
Cinbio

O noso obxectivo é contribuír ao avance do coñecemento nestas áreas e facémolo da seguinte maneira:

  • Colaborando en programas de investigación conxuntos a nivel nacional e internacional.
  • Participando en programas educativos para formar profesionais en nanomateriais e biomedicina.
  • Estimulando a explotación comercial dos resultados de investigación a través de contratos, patentes, licenzas e a creación de novas empresas (spin-offs).

Como asistir á xornada de portas abertas de CINBIO?

Se tes curiosidade e queres coñecer a resposta a preguntas científicas ou experimentar coa ciencia, esta é a túa oportunidade!

Para poder asistir é necesario reservar praza a través do formulario. É de balde para todos os públicos!

Aforo limitado. As persoas participantes seleccionaranse por orde de inscrición ata esgotarse as prazas e recibirán un correo electrónico confirmando que foron seleccionadas uns días antes da visita.

INSCRICIÓN / LISTA DE AGARDA
Universidad de Vigo
Xunta de Galicia