Cinvigo 2024
A II edición do "CinVigo. Ciencia na rúa" celebrouse os días 20 e 21 de abril de 2024 con máis de 275 concursantes participantes da feira científica procedentes de 25 centros educativos de toda Galicia, + de 700 rapaces e rapazas inscritas nos obradoiros infantiles e máis de 45000 visitantes que visitaron o festival e que se achegaron a Porta do Sol durante as dúas xornadas do evento, desfrutando da ciencia a pe de rúa.
Un evento aberto á cidadanía, para todas as idades, no que ademais de visitar os proxectos científicos do concurso, o público tivo a oportunidade de participar en experimentos, maxia, asistir a espectáculos científicos e moito máis. CinVigo, é unha oportunidade de participar na ciencia!
Coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia e Innovación.
