Logo
GL ES

Cinvigo 2025

A III edición do "CinVigo. Ciencia na rúa" celebrouse os días 26 e 27 de abril de 2025 con máis de 250 concursantes participantes da feira científica procedentes de 30 centros educativos de toda Galicia, 800 rapaces e rapazas inscritas nos obradoiros infantiles e arredor de 50000 visitantes que visitaron o festival e que se achegaron a Porta do Sol durante as dúas xornadas do evento, desfrutando da ciencia a pe de rúa.

Un evento aberto á cidadanía, para todas as idades, no que ademais de visitar os proxectos científicos do concurso, o público tivo a oportunidade de participar en experimentos, maxia, asistir a espectáculos científicos e moito máis. CinVigo, é unha oportunidade de participar na ciencia!

Coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia e Innovación.

Logos

Cinvigo 2025

A III edición do "CinVigo. Ciencia na rúa" celebrouse os días 26 e 27 de abril de 2025 con máis de 250 concursantes participantes da feira científica procedentes de 30 centros educativos de toda Galicia, 800 rapaces e rapazas inscritas nos obradoiros infantiles e arredor de 50000 visitantes que visitaron o festival e que se achegaron a Porta do Sol durante as dúas xornadas do evento, desfrutando da ciencia a pe de rúa.

Un evento aberto á cidadanía, para todas as idades, no que ademais de visitar os proxectos científicos do concurso, o público tivo a oportunidade de participar en experimentos, maxia, asistir a espectáculos científicos e moito máis. CinVigo, é unha oportunidade de participar na ciencia!

Coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia e Innovación.

Logos
figures

Premios CinVigo 2025

O Premio do Público:

(22) Faro Sostible.

Colexio Apóstol Santiago de Vigo.

Na categoría #EarlyResearchers (1º e 2º ESO):

3

3er premio: (14) Estudo e búsqueda de estratexias para evitar daños por ouriños de cans e mellorar a convivencia.

San José Josefinas (Ourense)

2

2 premio: (4) Deseño dun sistema sostible de climatización e cromaterapia.

San José Josefinas (Ourense)

1

1 Premio: (18) Plantas eléctricas.

CPR Santiago Apóstol (Soutomaior).

Na categoría #YoungResearchers (3º y 4º ESO):

3

3 Premio: (40) Termoecobriks: alternativa ecolóxica ao carbón vexetal.

Salesianos de Vigo María Ausiliadora (Vigo).

2

2 Premio: (49) CO2 Urban.

CPR Santiago Apóstol (Soutomaior).

1

1 Premio: (45) Cristais Hidrófobos.

IES Antón Alonso Ríos (Tomiño).

Na categoría #TeenResearchers (1º e 2º Bach. + FP):

3

3 Premio: (70) Nicola Tesla: O xenio esquecido.

CPR Plurilingüe Alborada (Vigo).

2

2 Premio: (60) Formación de Megacristais.

IES Chapela (Redondela).

1

1 Premio: (63) Microplásticos ao descuberto.

IES A Guía (Vigo).

Vídeo CinVigo 2025 - Próximamente

imaxes do CinVigo 2025 - Próximamente

Aproveitamos de novo para agradecer a todas as persoas que o fixeron posible:

  • “CinVigo. Ciencia na rúa” é posible grazas á financiación da Xunta de Galicia e da Unión Europea, que se suman á colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

  • Ademais, CinVigo tamén conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade a través do Plan Corresponsables.

  • Agradecemos tamén aos nosos patros: Consello Social da Universidade de Vigo, Concello de Vigo, Radio Vigo, Büchi, Jasco, Frutas Nieves, Portomédica, Cocacola.

  • Por suposto, grazas á trentena de centros educativos participantes cos 70 proxectos científicos, ao marabilloso equipo docente e a todo o estudantado.

  • Ao noso xurado profesional: Miguel Correa, Rosana Álvarez, Belén Vaz, Moisés Lorenzo, Claudio Martínez, Margarita Vázquez, Nuria Estévez, Begoña Puértolas, Carlos Fernández Lodeiro, María D. Mayán, Lorena García Hevia, Jose Souto, Marta Seoane; persoal investigador do #teamCINBIO.

  • Agradecemos tamén a colaboración de todo o equipo da Asociación DISCAMINO.

  • Grazas ao noso persoal do #teamCINBIO, que estivo no stand do centro achegando a nosa ciencia a todo o público.

  • Ao equipo de organización, foto, vídeo, son, locución, linguaxe de signos...

  • Tamén queremos agradecer o apoio da Autoridade Portuaria de Vigo que sempre ten as nosas costas cubertas en caso de choiva.

  • E grazas a ti, que te pasaches por alí ou que quedaches con ganas de pasar. Agardamos voltar o ano que vén con máis “Cinvigo: Ciencia na rúa!”.

Colaboradores edición CinVigo 2025

O CinVigo é unha idea do CINBIO (Universidade de Vigo) e é posible grazas á financiación da Xunta de Galicia e da Unión Europea e a colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio De Ciencia, Innovación y Universidades. Tamén conta cos seguintes apoios.

Apoios
  • Consello Social
  • Consello de Vigo
  • Buchi
  • Jasco
  • Portomédica
  • Radio Vigo
  • Coca Cola
  • Frutas Nieves
  • Discamino
  • Vodea

Que é CinVigo?

Desde o centro de investigación CINBIO queremos levar a ciencia á rúa e converter o centro de Vigo nun laboratorio novas científicas e científicos, un grande evento que pretende achegar a ciencia a todos os públicos.

CinVigo é un gran festival científico gratuito, ao aire libre, en pleno centro da cidade e que reúne durante dous días diferentes actividades vinculadas coa ciencia: como unha gran feria científica, retos, concursos, espectáculos... 

Un evento aberto á cidadanía xeral, na que ademais de visitar todos os proxectos científicos, terás a oportunidade de participar en retos e obradoiros científicos, asistir a concertos...
¡e vivir a ciencia de cerca! Atréveste?

Cinvigo Edición 2023 Cinvigo Edición 2024
Cinvigo