Cinvigo 2026
A IV edición do "CinVigo. Ciencia na rúa" celebrouse os días 25 e 26 de abril de 2026 no Paseo das Avenidas (zona do náutico) con máis de 250 concursantes participantes da feira científica procedentes de 34 centros educativos das catro provincias galegas. Ademais, contacmos con máis de 800 rapaces e rapazas que participaron nos obradoiros infantis, más de 150 persoas maiores de 65 anos nos obradoiros sénior e arredor de 200 na nosa xincana científica inclusiva. Todas estas actividades sumáronse a espectáculos de ciencia, monólogos e a exposición en público dos arredor de 70 proxectos científicos de ESO e bacharelato. Dúas xornadas desfrutando da ciencia a pe de rúa.
Un evento aberto á cidadanía, para todas as idades e inclusivo, unha oportunidade de achegarse á ciencia de cerca!
Coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
