Logo

Días

Horas

Minutos

Segundos

IV edición do festival "CinVigo. Ciencia na rúa"

Xa estamos a traballar na que será a IV edición de CinVigo, celebrarase os días 25 e 26 de abril de 2026 en Vigo. Converteremos o centro da cidade nun verdadeiro laboratorio científico grazas aos proxectos dos centros educativos que formarán parte da feira, aos obradoiros infantís, espectáculos científicos, xincana e moito máis.

Inscricións abertas ata o 9 de febreiro de 2026.

Organizado por CINBIO e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Logos

¿Qué é CinVigo?

Desde o centro de investigación CINBIO queremos levar a ciencia á rúa e converter o centro de Vigo nun laboratorio de científicas e científicos novos, un gran evento que pretende achegar a ciencia a todos os públicos.

CinVigo é un gran festival científico gratuíto, ao aire libre, en pleno centro da cidade, que reúne durante dous días diferentes actividades vencelladas coa ciencia: unha gran feira científica, retos, concursos, espectáculos...

Un evento aberto á cidadanía en xeral no que, ademais de visitar todos os proxectos científicos, terás a oportunidade de participar en retos e obradoiros científicos, asistir a espectáculos de ciencia e moito máis.
Vive a ciencia de preto! Atréveste?

Cinvigo Edición 2023 Cinvigo Edición 2024 Cinvigo Edición 2025
Cinvigo

O concurso de proxectos científicos

O alumnado, organizado en grupos de ata 4 persoas e co apoio docente dos seus centros educativos e/ou de ensinanza non regrada, deseñará proxectos científicos que amosará e defenderá en varios espazos localizados no centro de Vigo.

AXUDA PARA PROFES
star
star

Categorías:

  • Teen researchers: estudantes de 1º e 2º de bacharelato + Ciclos FP
  • Young researchers: estudantes de 3º e 4º de ESO
  • Early researchers: estudantes de 1º e 2º de ESO

Bases CinVigo 2026:

Descarga as bases

Inscricións abertas ata o 9 de febreiro de 2026

Formulario de inscrición

Premios:

  • * Teen researchers - Proximamente*
  • * Young researchers - Participación feira científica*
  • * Early researchers - Consola*
  • * Premio do público - estancia en CINBIO*
  • *Ou equivalentes*
Award