Coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia e Innovación.
O CinVigo é unha idea do CINBIO (Universidade de Vigo) e é posible grazas á financiación da Xunta de Galicia e da Unión Europea e a colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio De Ciencia e Innovación. Tamén conta cos seguintes apoios.
Desde o centro de investigación CINBIO queremos levar a ciencia á rúa e converter o centro de Vigo nun laboratorio novas científicas e científicos, un grande evento que pretende achegar a ciencia a todos os públicos.
CinVigo é un gran festival científico gratuito, ao aire libre, en ppleno centro da cidade e que reúne durante dous días diferentes actividades vinculadas coa ciencia: como unha gran feria científica, retos, concursos, espectáculos...
Un evento aberto á cidadanía xeral, na que ademais de visitar todos os proxectos científicos, terás a oportunidade de participar en retos e obradoiros científicos, asistir a concertos...
¡e vivir a ciencia de cerca! Atréveste?
O alumnado, organizado en grupos de ata catro persoas e co apoio docente dos seus centros educativos, deseñará proxectos científicos que amosará e defenderá en varios espazos localizados na Porta do Sol.
AXUDA PARA PROFES