Xa estamos a traballar na que será a IV edición de CinVigo, celebrarase os días 25 e 26 de abril de 2026 en Vigo. Converteremos o centro da cidade nun verdadeiro laboratorio científico grazas aos proxectos dos centros educativos que formarán parte da feira, aos obradoiros infantís, espectáculos científicos, xincana e moito máis.
Inscricións abertas ata o 9 de febreiro de 2026.
Organizado por CINBIO e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Achégate aos proxectos científicos nos stands da nosa feira científica e vota polo teu proxecto favorito, participa nas distintas actividades, desfruta de grandes espectáculos científicos no escenario e moito máis.
Os nosos obradoiros infantís son a oportunidade perfecta para descubrir o mundo a través da ciencia!
Os máis cativos e cativas da casa serán os protagonistas, participando en divertidos experimentos orientados á rapazada de entre 3 e 12 anos.
En quendas de corenta minutos, previa inscrición, achegaranse á ciencia dun xeito moi diferente e divertido.
Presentámosvos unha novidade de CinVigo: os obradoiros científicos para maiores de 65 anos, unha actividade especialmente deseñada para achegar a ciencia dun xeito próximo, práctico e divertido.
O obradoiro centrarase no mundo da cosmética, elaborando cremas hidratantes e explorando distintas fórmulas, poñendo en valor o autocoidado e a saúde.
Descobre a ciencia dunha maneira emocionante e divertida na nosa Xincana Científica Inclusiva pola zona do Náutico de Vigo!
Deberás resolver retos, desafiar a túa mente e traballar en equipo. Non te perdas esta experiencia única que combina diversión, aprendizaxe e emoción para toda a familia!
O CinVigo é unha idea do CINBIO (Universidade de Vigo) e é posible grazas á financiación da Xunta de Galicia e da Unión Europea e a colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio De Ciencia, Innovación y Universidades. Tamén conta cos seguintes apoios.

Desde o centro de investigación CINBIO queremos levar a ciencia á rúa e converter o centro de Vigo nun laboratorio de científicas e científicos novos, un gran evento que pretende achegar a ciencia a todos os públicos.
CinVigo é un gran festival científico gratuíto, ao aire libre, en pleno centro da cidade, que reúne durante dous días diferentes actividades vencelladas coa ciencia: unha gran feira científica, retos, concursos, espectáculos...
Un evento aberto á cidadanía en xeral no que, ademais de visitar todos os proxectos científicos, terás a oportunidade de participar en retos e obradoiros científicos, asistir a espectáculos de ciencia e moito máis.
Vive a ciencia de preto! Atréveste?
O alumnado, organizado en grupos de ata 4 persoas e co apoio docente dos seus centros educativos e/ou de ensinanza non regrada, deseñará proxectos científicos que amosará e defenderá en varios espazos localizados no centro de Vigo.
AXUDA PARA PROFES