Logo

Días

Horas

Minutos

Segundos

V edición do festival "CinVigo. Ciencia na rúa"

O CinVigo celebrarase os días 25 e 26 (por confirmar) de abril de 2027 en Vigo na avenida de Beiramar (a carón do monumento a Xulio Verne). Voltaremos á rúa por quinto ano consecutivo para convertela nun verdadeiro laboratorio científico grazas aos proxectos dos centros educativos que formarán parte da feira, aos obradoiros infantís e para maiores de 65, espectáculos científicos, xincana inclusiva e moito máis.

Organizado por CINBIO e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Logos

Que é CinVigo?

Desde o centro de investigación CINBIO queremos levar a ciencia á rúa e converter o centro de Vigo nun laboratorio novas científicas e científicos, un grande evento que pretende achegar a ciencia a todos os públicos.

CinVigo é un gran festival científico gratuito, ao aire libre, en pleno centro da cidade e que reúne durante dous días diferentes actividades vinculadas coa ciencia: como unha gran feria científica, retos, concursos, espectáculos...

Un evento aberto á cidadanía xeral, na que ademais de visitar todos os proxectos científicos, terás a oportunidade de participar en retos e obradoiros científicos, asistir a concertos...
¡e vivir a ciencia de cerca! Atréveste?

Cinvigo 2023 Cinvigo 2024 Cinvigo 2025 Cinvigo 2026
Cinvigo

Categorías:

  • Teen researchers: estudantes de 1º e 2º de bacharelato + Ciclos FP
  • Young researchers: estudantes de 3º e 4º de ESO
  • Early researchers: estudantes de 1º e 2º de ESO

Bases CinVigo 2027:

Descarga as bases do concurso

Periodo de inscrición aberto
próximamente

Inscrición participantes

Premios:

  • * Teen researchers - por definir*
  • * Young researchers - por definir*
  • * Early researchers - por definir*
  • * Premio do público - por definir*
  • *Ou equivalentes*
Award

O concurso, + de 50 proxectos científicos

O alumnado, organizado en grupos de ata catro persoas e co apoio docente dos seus centros educativos, deseñará proxectos científicos que amosará e defenderá en varios espazos localizados na Porta do Sol.

AXUDA PARA PROFES

E moito máis:

Espazo Corresponsables

Obradoiros infantís

Os nosos obradoiros infantís son a oportunidade perfecta para descubrir o mundo a través da ciencia!

Os máis cativos e cativas da casa serán os protagonistas, participando en divertidos experimentos orientados á rapazada de entre 3 e 12 anos.

En quendas de corenta minutos, previa inscrición, achegaranse á ciencia dun xeito moi diferente e divertido.

Necesaria inscrición!
Espazo +65

Obradoiros sénior

Foi unha novidade de CinVigo 2026 e continuará en 2027: os obradoiros científicos para maiores de 65 anos, unha actividade especialmente deseñada para achegar a ciencia dun xeito próximo, práctico e divertido.

O obradoiro centrarase no mundo da cosmética, elaborando cremas hidratantes e explorando distintas fórmulas, poñendo en valor o autocoidado e a saúde.

Necesaria inscrición!
Aventura en equipo

Xincana científica inclusiva

Descobre a ciencia dunha maneira emocionante e divertida na nosa Xincana Científica Inclusiva pola zona do Náutico de Vigo!

Deberás resolver retos, desafiar a túa mente e traballar en equipo. Non te perdas esta experiencia única que combina diversión, aprendizaxe e emoción para toda a familia!

Xincana inclusiva · Necesaria inscrición!