GL EN

Events

Tese doutoral - David Miguel Castro Alonso 21 October 2022 Salón de Graos da Facultade de Ciencias UVigo

O 21 de outubro o investigador David Miguel Castro Alonso (Innovation in agrifood and health) presentará a súa tese de doutoramento baixo o título “Desenvolvemento de ensaios alternativos aos físico-químicos para a confirmación de biotoxinas mariñas presentes en alimentos de orixe mariña.” Será ás 12:00h no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da UVigo.

"A caracterización do risco causado polas biotoxinas mariñas en alimentos de orixe mariña, e en particular polas biotoxinas consideradas emerxentes, como é o caso das toxinas de Ciguatera, considérase unha tarefa prioritaria en materia de seguridade alimentaria na UE. Para levar a cabo a citada caracterización, propuxéronse diversas  metodoloxías como complementarias aos métodos físico-químicos, destacando, entre outros, os ensaios celulares. Nesta tese levouse a cabo un detallado estudo experimental que incluíu, tanto a optimización, como a avaliación da aplicabilidade de ditos ensaios celulares na caracterización do risco anteriormente mencionado, co fin de establecer a eficacia de ditos ensaios, no que respecta, non só á súa aplicabilidade como ferramentas de “screening” e semi-cuantificación, senón tamén á súa utilización no illamento dos análogos implicados en dito risco. A avaliación da eficacia dos ensaios desenvolvidos así como a aplicabilidade dos mesmos para o fin proposto realizouse en base á confirmación dos resultados obtidos mediante Cromatografía de Líquido acoplada á Espectrometría de Masas en tándem (LC-MS/MS). Os resultados obtidos nesta tese contribuíron de maneira satisfactoria e pioneira á caracterización do risco nas zonas xeográficas obxecto de estudo."