GL EN

News

05 June 2017Dous grupos do CINBIO recibirán financiación do programa POCTEP

grupo de Inmunoloxía  e o grupo de Química Coloidal  serán beneficiarios do programa POCTEP (INTERREG V-A España – Portugal 2017 – 2020.

 

 

O grupo de Inmunoloxía está a traballar co INL (International Iberian Technology Laboratory) no “Desenvolvemento dun biosensor para a detección de cedo da fibrose peritoneal inducida pola diálise peritoneal en pacientes con insuficiencia renal crónica”.

Preto do 10% da poboación mundial sofre de insuficiencia renal crónica, debido ó deterioro progresivo da capacidade filtrante do ril e requiren diálise para eliminar as sustancias tóxicas do ril. Na actualidade, existen dous opcións de diálise: a hemodiálise, que implica 3 visitas semanais  de 3 a 5 horas cada unha nos centros hospitalarios, ou a diálise peritoneal (DP), que pode ser realizada polo paciente no seu domicilio e soamente require de 20 minutos, mellorando a calidade de vida do paciente. Sen embargo, a DP non está totalmente estendida xa que algúns pacientes con DP desenvolven fibroses na membrana peritoneal, o que pode levar a complicacións graves como a peritonite esclerosante. O obxectivo deste proxecto é identificar biomarcadores de risco de fibróse en pacientes baixo DP; unha vez identificados desenvolverase un biosensor diagnóstico que cuantifique estes marcadores e que permita polo tanto a detección de estadios de cedo de fibrose, coa finalidade de suspender a tempo a DP naqueles pacientes que presenten marcadores de risco de fibrose, e aumentar con elo a frecuencia de uso segura da DP.

O grupo de Química Coloidal está a traballar neste proxecto coa Universidade de MinhoUniversidade de Santiago de Compostela, a Universidade Católica Portuguesa, O Instituto de Investigacións Mariñas, O Instituto Superior de Engenharia de Oporto, a Fundación Profesor Novoa Santos e o Instituto de Engenharía Biomédica (INEB). 

O obxectivo principal do proxecto IBEROS é potenciar a investigación e innovación de excelencia na zona da Eurorexión, contribuindo na mellora da calidade de vida e saúde da poboación, con especial interese nas enfermidades asociadas ó envellecemento da poboación, pretendese asimesmo a xeración de novos nichos de mercado e emprego estable. A creación do Instituto de Bioenxeñaría en Rede para o Envellecemento Saudable (IBEROS) como centro interdisciplinar de investigación aglutina campos como o da nanomedicina, enxeñaría de tecidos, etc.