GL EN
Twitter bSky

Events

Beyond the lab - Redeiras 19 November 2025 Edificio Redeiras, Praza do Berbés, Vigo.

Redes que unen ciencia, creatividade e sociedade.

A xornada Redeiras do ciclo “Beyond the Lab” é un encontro organizado polo CINBIO coa colaboración de ingenyus* para compartir experiencias e fomentar o networking entre profesionais do ámbito científico e tecnolóxico.

Unha cita que porá o foco nas persoas que saben moverse entre mundos distintos: que unen a investigación coa creatividade, a empresa coa universidade, a tecnoloxía coa sociedade. Aquelas persoas que entenden que cada conexión, por pequena que pareza, pode ser o inicio dunha gran transformación.

Coa participación de cinco voces diferentes que compartirán como entrelazan coñecemento, creatividade e persoas desde os seus ámbitos de actuación:

  • Verónica Salgueiriño. Investigadora e líder do grupo de Nanomateriais Híbridos do CINBIO.
  • Anxo Vidal. Innovation Manager en Incotec.
  • Sofía Pérez. Xerente en la Fundación Arume.
  • Diana Sofía Herrera e José Rosendo. KIUR.
  • Agustín Jamardo, África Rodríguez e Ignacio Márquez. Rural Hackers.

O encontro forma parte do proxecto EMPREN+AP, financiado na Convocatoria I+P pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. en colaboración coa Oficina Nacional de Asesoramiento Científico (ONAC). Este proxecto, que conta ademais co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN), contribúe á formulación de políticas públicas de apoio ao emprendemento tecnolóxico nos campos dos nanomateriais e a biomedicina, fortalecendo os lazos entre o persoal científico e a administración pública. Máis información.

Terá lugar o mércores 19 de novembro a partir das 18:00 horas no edificio Redeiras, situado na praza do Berbés de Vigo. Entrada gratuíta baixo inscrición previa.