GL EN

Events

CINBIO Gold Talk 19 October 2023 Palacio de la Oliva, Vigo.

O CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, organiza este xoves 19 de outubro ás 19.00 horas a primeira edición do evento CINBIO Gold Talk, que ten como finalidade promover e recoñecer o traballo de persoas e institucións que contribúen ao impulso e desenvolvemento da ciencia, tanto a través do exercicio da investigación como noutras facetas relacionadas que favorecen e fomenten o progreso da investigación (xestión, dirección, transferencia ou difusión de ciencia), especialmente nos ámbitos de actuación do CINBIO, como son a biomedicina e os nanomateriais.

Nesta primeira edición farase un recoñecemento a nivel estatal, o National CINBIO Gold Talk.

A asistencia a este evento é por previa invitación.